MEMORIAS FOTOGRÁFICAS da biblioteca (PLAMBE)

Aquí podes ver as FOTOS das memorias gráficas realizadas anualmente relacionadas co traballo desenvolvido

dende a biblioteca, ao amparo do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia:

FOTOS 2012-13     FOTOS 2013-14    FOTOS 2014-15

FOTOS 2015-16     FOTOS 2017-18    FOTOS 2018-19

FOTOS 2019-20

                         A BIBLIO DE RENATA

 

Logo PLAMBE da Xunta                      Biblioteca de RENATA e BELLOTERO

O centro participa no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia dende o curso 2012-2013.

Acollidos a este plan, recibimos anualmente unha dotación económica para a adquisición de fondos bibliográficos (libros, Dvds, xogos...).

Asimesmo, o centro debe destinar unha parte dos seus gastos de funcionamento ao apoio á biblioteca, que debe funcionar como centro de recursos para o desenvolvemento do curriculo co alumnado, así como base de exploración e investigación, como lugar de encontro do alumnado de diferentes cursos para compartir inquedanzas, etc.

O equipo docente desenvolve unha serie de actividades encamiñadas a:

- fomento da lectura

- atención á diversidade

- formación de usuarios de biblioteca

- formación en competencia dixital e informacional

- dinamización xeral das actividades curriculares, tarefas e proxectos a desenvolver.

 

Finalmente, elaboramos cada ano unha memoria xustificativa coas accións realizadas para a consecución dos obxectivos propostos. Tedes as memorias completas á vosa disposición na biblioteca do colexio. Viva a biblioteca!

 

 

AdxuntoTamaño
fotos PLAMBE 2012-2013.pdf2.09 MB
fotos PLAMBE 2013-2014.pdf1.37 MB
fotos PLAMBE 2014-2015.pdf2.79 MB
fotos PLAMBE 2015-2016.pdf1.56 MB

Powered by Drupal - Design by artinet