ARTUR E CLEMENTINA (Conto pola Igualdade)

Os nenos e nenas de 1º curso realizamos un videoconto sobre "Artur e Clementina", unha historia de dúas tartarugas que son parella, da que poderemos aprender unha valiosa lección sobre Igualdade.

Gravación ARTUR E CLEMENTINA

Primeiramente limos o conto na clase, e traballamos sobre as condutas dos personaxes, identificando as accións negativas que poden ser perxudiciais nunha relación de amizade ou de parella.

Logo preparamos o texto para gravar o conto na radio do cole "Onda Ferro", xunto cun debate final dando a nosa opinión sobre o que aprendimos.

Finalmente fixemos uns debuxos para ilustrar o conto e poder facer este vídeo!

Powered by Drupal - Design by artinet