Plataforma de lectura dixital BEGA ELBE-2

Dende a Asesoría de Bibliotecas da Xunta de Galicia ponse á disposición do alumnado a plataforma BEGA ELBE-2 para ler libros en formato dixital gratuíta. O alumnado xa aprendeu no colexio a acceder á plataforma, usando o seu "identificador" (que anotaron na axenda para non esquecelo) e definindo o seu "contrasinal" persoal.

Trátase de que coñezades que existe este recurso por se queredes dispoñer del en móbil, tablet ou ordenador. Pódese usar online ou tamén descargar a App "Bega Elbe-2" nos dispositivos en que se queira usar, e identificarse cos datos do alumno/a para acceder á lectura.

Podedes na casa introducir un correo electrónico asociado á conta do alumno/a onde recibiredes semanalmente un informe do uso realizado polo neno/a na aplicación.

Se o alumno olvida o seu identificador ou contrasinal só ten que avisar no colexio.

O enlace online á plataforma é: https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

 

Powered by Drupal - Design by artinet