Eleccións para renovación parcial dos membros do CONSELLO ESCOLAR

Unha vez rematado o proceso electoral, os candidatos elexidos por votación nos diferentes sectores son os seguintes:

Representantes do profesorado:

- Tamara Dopazo Cajaraville (substituirá no consello escolar a Mª Elvira Cabo Sanmartín)

Representantes das familias do alumnado:

- Vanesa Chaves Gándara (continúa no consello escolar ao ser elexida novamente)

 

      ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tal como informamos no aviso por AbalarMóbil, de conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. DOG 30 de setembro, realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

• Director do Centro.

• Unha mestra ou mestre.

• Unha nai ou un pai ou unha titora ou titor legal.

• Unha represente do persoal de administración e servizos.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar, deberán atender ao seguinte calendario electoral.

Powered by Drupal - Design by artinet