FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA 2023/24

Xa está publicada no taboleiro do centro a resolución provisional das axudas concedidas. O prazo de reclamacións remata o xoves 29 de xuño e despois comezaremos a facer a entrega dos vales de libros e material a partir do venres 29 xuño, de 10:00 a 14:00 h. e durante a semana seguinte.

Podedes chamar ao centro para saber se vos concederon as axudas e se tedes que vir a buscar vales.

Tamén vos informamos de que iremeos actualizando o apartado da nosa web onde están colgadas as listas de:

- libros de texto para 2023/24

- listas de material escolar para 2023/24

 

 

.......................................................................................................

(histórico)

Está aberto o prazo, ata o 21 de xuño de 2023, para solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e as Axudas para material escolar e libros de texto. Podedes consultar a  Orde do 10 de maio de 2023 con toda a información. Aquí tedes un resumo:

- pódese participar telemáticamente a través da aplicación FONDOLIBROSou entregar no colexio, antes do 21 de xuño: 

- SOLICITUDE  (Anexos I, II): enviaremos a solicitude a través do alumnado para que poidades cubrila e firmar todos os membros, e entregala novamente a través do alumnado aportando a documentación (libro de familia / custodia do menor)..

      Aclaración: na solicitude, o Anexo II debe vir asinado por todos os membros computables da unidade familiar e o Anexo II (continuación) ten unha táboa que parece a continuación pero é diferente á do Anexo II e hai que cubrila tamén.

- DOCUMENTACIÓN: copia libro de familia con todos os membros computables e, en caso de divorcio ou separación, a copia da sentenza onde figure a custodia do menor. Esta documentación xa a temos no colexio, só é necesario traela se houbo algún cambio (nacemento de irmáns, cambios na custodia do menor...).

 

- As familias con varios fillos/as no colexio deben cubrir unha única solicitude e incluílos a todos na mesma.

- O alumnado que remata 6º de EP debe entregar a solicitude no instituto ao que vai a ir.

- O alumnado que vai comezar 1º de EP debe entregar a solicitude no colexio ao que vai a ir.

- Este curso, o alumnado debe facer a devolución dos libros antes do 20 de xuño, á súa titora.

                          AXUDAS:

- LIBROS: en función da renda familiar, as axudas serán de 160 € ou 240 € para adquirir libros de texto (1º e 2º EP). O resto de cursos (3º, 4º, 5º, 6º) que participen no "fondo solidario" de libros poderán recibir 4 ou 6 asignaturas en préstamo.

- MATERIAL: en función da renda familiar, as axudas serán de 60 € ou 75 € (todos os cursos).

- Ao entregar a solicitude no colexio xa se está participando tanto para libros como para material.

- Máis adiante informaremos dos prazos de publicación das listaxes da concesión das axudas, entrega de vales, etc.

Powered by Drupal - Design by artinet