Proceso de ADMISIÓN DE ALUMNADO para o curso 2024/25

Prazo de ADMISIÓN (do 1 ao 20 de marzo) de alumnado, para que alumnado procedente doutros centros solicite a admisión no noso colexio; as prazas vacantes para cada nivel para o curso 2024-25 son as seguintes:

1º EP - 10 vacantes

2º EP - 10 vacantes

3º EP - 5 vacantes

4º EP - 4 vacantes

5º EP - 0 vacantes

6º EP - 1 vacante

O alumnado que solicita ADMISIÓN debe atender á seguinte NOTA INFORMATIVA.

Tamén deben entregar, xunto coa solicitude de admisión, a seguinte DOCUMENTACIÓN:

     - Fotocopia dos DNIs do alumno/a solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

     - Acreditar a idade do alumno (con DNI ou senón co LIBRO DE FAMILIA).

     - De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

A solicitude pódese entregar presencialmente xunto coa documentación, no colexio, ou ben facer uso da aplicación informática "admisionalumnado".

  

E finalmente, do 20 ao 30 de xuño será o prazo de MATRÍCULA, para que o alumnado "admitido" poida formalizar a matrícula no centro.

Toda a información sobre o proceso de reserva, admisión e matrícula no seguinte enlace (normativa, formularios, tutoriais, etc.)

.....................................................

Comunícase que todo o alumnado de Infantil que solicitou a reserva de praza para 1ºEP para o curso 2024/25 foi "admitido" na súa totalidade.

 

RESERVA DE PRAZA para o IES de VALGA: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024. 

Comeza o prazo de solicitude de RESERVA DE PRAZA no centro adscrito para o curso 2024/25, é dicir, no noso caso para que o alumnado de 6º EP solicite a resevrva de praza no IES DE VALGA. 

Os impresos de solicitude entregaranse no CEP Xesús Ferro Couselo, que será o encargado de tramitar as reservas ao IES DE VALGA. Tamén se pode solicitar a reserva a través da aplicación informática "admisiónalumnado".

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet