logo

 

cabecera

Colabora connosco



1. Temática: A revista ensaio recollerá aqueles artigos, traballos e experiencias de aula que amosen un enfoque orixinal e de innovación didáctica, reflectindo a finalidade da revista de servir de canle de comunicación e contraste de experiencias entre todo o profesorado da nosa comunidade.

2. Extensión: As colaboracións terán unha extensión máxima de seis folios mecanografados a dobre espazo, incluíndo referencias bibliográficas (máximo dez), táboas, gráficos e fotografías. As ilustracións serán necesariamente orixinais, con calidade gráfica suficiente para a súa reprodución. Así mesmo indicarase claramente o lugar no texto onde irán reproducidos. No caso de querer incluír pés de foto presentaranse en folla á parte.

3. Soporte: Os traballos deberán presentarse mecanografados e en dobre soporte: informático e copia en papel. Pódese utilizar calquera procesador de textos que traballe no contorno WINDOWS. Prégase que nas copias en soporte informático non se introduza ningún tipo de tabulacións nin calquera outra manipulación do texto.

4. Estrutura: Na cabeceira do artigo figurará o título e o nome do autor/a ou autores/as deste, así como un resumo-entrada do artigo de seis/oito liñas. Ao final incluirase novamente o nome do autor/es, centro de traballo, o enderezo postal e o teléfono de contacto.

O tipo de letra será o Times New Roman, o tamaño de 12 puntos. As marxes superior, inferior, esquerda e dereita de 2,54 cm. Non se deben utilizar abreviaturas nin subliñados nin cursivas, unicamente no caso de que dentro do campo do artigo se citen frases textuais.

5. Referencias: Ao final de cada artigo recollerase, se é o caso, a lista de referencias e citas bibliográficas empregadas por orde alfabética, seguindo os seguintes criterios:

Libros: Apelidos e nome ou iniciais do autor en maiúscula. Ano de publicación, entre parénteses. Título da obra en cursiva. Páxinas de referencia, se é o caso, entre parénteses. Lugar da edición, seguido de dous puntos e a editorial.

Revistas: Apelidos e nome ou iniciais do autor en maiúsculas. Ano de publicación entre parénteses. Título da obra entrecomiñada. Nome da revista en cursiva. Número entre parénteses. Páxina primeira e derradeira do artigo dentro da revista, separadas por guión.

No caso de querer introducir unha nota bibliográfica no texto, farase entre parénteses e poñendo os apelidos, o ano e a páxina separadas por comas. O número de páxina irá precedido de p.

6. Publicacións: A Comisión da revista resérvase o dereito a publicar os traballos que estime máis en consonancia coa liña editorial e co tema central de cada número, así coma a facultade de introducir modificacións conforme a estas normas. A comisión comunicaralle a cada un dos autores/as a recepción do seu traballo e, no seu caso, a aceptación para publicalo (estes non se devolverán).

A Revista ensaio presentará o seu contido en lingua galega, polo que as publicacións que se fagan a través dela deberán ser redactadas nesta lingua. Os textos presentados deberán atender aos criterios ortográficos oficiais vixentes.

7. Guión de traballo: As propostas didácticas presentadas poderán acollerse, se se estima oportuno, ao seguinte esquema:

8. Envío: Os traballos remitiranse vía postal ou a través do correo electrónico especificando o enderezo, o teléfono e o enderezo de correo electrónico do remitente.

e-mail de contacto - cfr.coruna@edu.xunta.es