Skip to Content

Blogues

Os nenos e nenas de 3º e 4º van de excursión

O pasado mércores 14 de marzo os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria visitamos o Acuario e  Domus na Coruña.

As fotos xa están colgadas na galería.


Excursión á neve - ANPA

Clicando nesta imaxe tendes a información necesaria para poder apuntarvos á excursión a Leitariegos organizada pola ANPA.

Excursión da ANPA ás Illas Cíes

Podedes ver na galería de fotos todas as imaxes desta excursión da ANPA ás Illas Cíes.

VISITA DA ANPA A MARCELLE

Podedes ver na Galería as fotografías realizadas na visita da ANPA a Marcelle.


COÑECENDO AS AULAS ABALAR

O mércores 1 de febreiro  terá lugar ás 19:30 horas, na aula de 5º B de Educación Primaria unha xuntanza para as familias con alumnado que participa no proxecto ABALAR.

As familias de 5º e 6º de Educación Primaria e as de 1º e 2º da ESO poderán observar de cerca a nova infraestructura informática das aulas.

 

Agradecemos de antemán a vosa presenza,

Ana Pose, coordinadora do Proxecto Abalar.

A NOVA BIBLIOTECA

Esta semana estamos de estrea!!

Xa podemos ir á nosa nova biblioteca!!

Eu estou moi contenta porque quedou moi chula!!

Para a semana colgareivos unhas fotiños do noso novo espazo, que é moito máis grande e agradable!!

Recordade que na porta da biblioteca tendes o horario para cada curso.

Espero que disfrutedes moito do voso tempo de lectura!!

Programa experimental de acompañamento escolar en lingua estranxeira

Estimados pais,nais e alumnado:

Comunicámosvos que o alumnado seleccionado para participar no Programa experimental de acompañamento escolar en lingua estranxeira, comezará as clases (repartidas en dúas sesións semanais por grupo,  cun máximo de dez alumnos/as cada un) o vindeiro mércores 18 de xaneiro, no seguinte horario:

 

  • 3º curso: luns e mércores de 17:00h a 18:00h
  • 4º curso: luns e mércores de 18:00h a 19:00h
  • 5º curso: luns e xoves de 17:00h a 18:00h
  • 5º e 6º curso: luns e xoves de 18:00h a 19:00h
  • 6º curso: mércores e venres de 17:00h a 18:00h

 

Lembramos que esta actividade desenvólvese fóra do horario lectivo polo que non haberá servizo de vixilancia no patio, nin de transporte.


DE VOLTA DO NADAL

Xa estamos de volta das festas do Nadal!!

Esperamos que disfrutásedes moito e que se cumpran os vosos desexos para este ano 2012!!

Hai un montón de fotos do festival de Nadal na galería de imaxes. Aquí vos deixamos un saúdo dos Reis Magos de Cabana, que pasaron cargadiños de regalos polo noso colexio!!

UN SAÚDO MOI AGARIMOSO PARA TODOS OS NEN@S DO CPI AS REVOLTAS!!

O CIRCO CHOSCO

Este venres 16 de febreiro haberá unha actuación moi divertida!!

Actuará o CIRCO CHOSCO!!

Será ás 15:15 da tarde no pavillón de deportes do Concello de Cabana de Bergantiños.

Estades tod@s invitados!!

 

Se queredes saber un pouco máis sobre esta compañía de teatro só tendes que premer na imaxe...

Organiza ANPA A RIVEIRA

PECHADA POR REFORMAS

Neste curso a actividade na biblioteca terá que retrasarse un pouco porque estamos en obras!!

    

Distribuir contido


Punto Laranxa contra o acoso escolar
by Dr. Radut