Skip to Content

23 ABRIL. Lecturas na Rúa

Outro ano máis, o 23 de abril, Día Internacional do Libro, fixemos por compartir lecturas co resto da escola e coa veciñanza que quixese escoitar.

Cada titoría escolleu os textos que quería ler, houbo quen remexeu na biblio á procura daquel conto que tanto lle gustara cando aínda era bebé, ensaiou para non trabar nas sílabas e veña!, de paseo pola Vila do Baño para lermos ao aire libre. O día solleiro axudou a que a actividade fose pracenteira, aínda que o nordés ás veces turraba para pasar páxina e acabarmos antes.

Repartímonos en grupos que mesturaban etapas (EI, EP, e ESO) e concentrámonos na Praza das Árbores, no palco da música, no paseo do río, no 3x3, no Convento… Compartimos adiviñas, dramatizacións de contos, poemas rimados, poemas cantados, e mesmo cocoricos e vacas victorias.

Porque non hai mellor libro que aquel que compartimos.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Lecturas na Rúa


album | by Dr. Radut