A Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.
Nos seguintes enlaces poden atopar información relacionada con esta convocatoria.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades está a promover conferencias informativas sobre o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías. Pódese asistir de forma presencial ou por videoconferencia.
O xoves 29 de febreiro, a partir das 10:30 h., abriremos as portas do Centro para que as familias coñezan o sitio no que as súas crianzas comezarán a súa andaina escolar.
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Anexos para o procedemento de admisión (do 1 ao 20 de marzo): Anexo II e Anexo II-bis
2. Outra lexislación relacionada con estes procedementos: