DÍA DA FAMILIA

Este ano, o alumnado de 3 anos quixemos celebrar o día da familia, 15 de maio, deste xeito. Quero agradecer ás familias a súa aportación de fotos para que os seus fillos e fillas poidesen levar a cabo esta actividade tan emotiva para eles. De novo, moitas gracias por colaborar sempre comigo, en todo o que se vos propón.

SAÍDA DE 1º DE ESO A O CASTRO DE VILADONGA

O martes 9 de maio, o alumnado de 1º da ESO realizou unha saída ao Castro de Viladonga onde estiveron toda a mañá. Alí dividíronse en dous grupos para realizar diferentes actividades: mentres un grupo realizaba un taller de numismática, o outro grupo visitaba o museo. A media mañá, que saíu o sol, fixeron un descanso ao aire libre, para, posteriormente, visitar a croa do castro. Seguidamente cambiaron os papeis e o grupo que visitou o museo, realizou o taller, e viceversa. Unha mañá estupenda, moi práctica e educativa.

DÍA DE EUROPA

Co gallo do Día de Europa, o alumnado de francés de 3° ESO fixo unhas pescudas na rede para preparar unha exposición informativa que foi instalada na biblioteca.  Como se pode comprobar, unhas sinxelas mesas poden ter usos variados, xa que hoxe fan a función de paneis informativos verticais. En Castroverde non temos petróleo pero temos ideas!

Distribuir contenido