EXCURSIÓN A VILABADE

O alumnado de 3 anos  fixemos esta saída, dentro do programa Vexo Veo Xacobeo. Fixemos un trociño do Camiño de Santiago dende a Capela do Carme de Vilabade ata o pobo de Vilabade. E alí, xunto a Capela tiñamos unha sorpresa agardándonos... Mirade, mirade!!

DÍA MUNDIAL DO XOGO

Co gallo do Día Mundial do Xogo que cae a vindeira fin de semana, a biblioteca organizou, coa colaboración activa do departamento de francés, unha área de xogos de enxeño. Ademais de darlle moito que pensar ás alumnas e aos alumnos, como están feitos de madeira, sen plástico, nin pilas, seguimos na nosa liña dos ODS respectando o medio ambiente e favorecendo o traballo colaborativo. 

Antes de xogar, o alumnado de francés de 3° ESO redactou, en francés, as pautas para poder xogar e resolver cada desafío. 

Ademais, nas fiestras da biblioteca, podemos ler, tamén en francés, frases útiles para  comunicar cos compañeiros xogando. 

O alumnado de 4° ESO de francés tivo onte o privilexio de inaugurar as quendas de xogo puntuando o seu discurso con moitos adverbios! 

A verdade, é que non é tan doado como semella, algúns xogos quedaron sen resolver!

A actividade está aberta para todos os usuarios da nosa biblioteca. 

 

Esperamos a vosa visita.

 

 

ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS EN ESO

O alumnado de 1° ESO elaborou cartaces con información sobre a súa vida ,obra,premios recibidos...Os traballos están expostos nun dos taboleiros do corredor de secundaria.

O alumnado de segundo ideou unha ruleta de palabras relacionada cos autores e autoras aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas. Palabras sobre os seus nomes,apelidos,lugar de nacemento, obras literarias...

O alumnado de 3° e 4° de ESO participou nunha tertulia literaria celebrada o luns,día 15, no horario de tarde no Salón de Actos. 

A tertulia titulouse: " A cultura popular galega na literatura. Tipos populares galegos" . Os textos seleccionados eran lendas sobre os mouros, mouras,covas e tesouros; contos populares sobre o demo,diaño,trasno ou trasgo,os lobos e os lobishomes e tamén poemas e outros textos sobre a gaita e o gaiteiro.

 

Foi unha actividade moi enriquecedora porque @s participantes contaron contos e historias escoitadas aos seus maiores con estes personaxes da nosa literatura popular.

EUROVISIÓN NA CLASE DE FRANCÉS

Co gallo do concurso Eurovisión, o alumnado de francés de 3° ESO tivo o seu momento de gloria na clase... 

 

Fixemos  unha actividade inédita de karaoke, xa que o departamento de francés mercou recentemente material para ese fin. Moitos risos houbo!

VÍDEO CONFERENCIA CON AMIENS

Castroverde sempre gaña!

O pasado luns 15 de maio, coa nosa "merveilleuse" Gaëlle, participamos nunha competición por videoconferencia contra o colexio de Corbie (Amiens). 

Preparamos con antelación un cuestionario sobre as persoas importantes das nosas respectivas contornas e volvemos a saír invictos! 

Foi xenial e pasamos un momento incrible. 

En breve teremos outra videoconferencia con outro colexio francés e esperamos que sexa igual ou mellor!

#équipeGaëlle

 

#Asinadoaclasedefrancésde4°ESO

Distribuir contenido