WHERE IS SPOT?

Esta vez, Alejandro Hugo, Isaac e Nerea agasalláronnos con este bonito conto. Para iso tiveron que practicalo na casa e perder uns minutos da sua clase de EF. Todos disfrutamos desta historia na que a nai busca ao seu cachorro por toda a casa e vai atopando inesperados hóspedes en lugares pouco convencionais. 

SEMANA DO LIBRO

 

Celebramos a Semana do Libro con diferentes actividades.
O alumnado de infantil e primaria colaborou na elaboración dun mural cos seus libros favoritos e a frase de Cervantes “El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho”.  Alumnado de secundaria e profesorado  traduciron a frase a distintas linguas: árabe, francés,  galego, grego, hebreo, hindú, inglés, latín e rumano.
En secundaria elaboraron un mural con razóns pola que a lectura é importante e participaron nunha caza ao tesouro literaria para adiviñar obras literarias e escritores.
Ademáis, fíxose unha exposición con recomendacións lectoras na biblioteca.

Distribuir contenido