Actividades de secundaria

O AMIGO INVISIBLE EN FRANCÉS

O alumnado de 2 ESO despediuse do primer trimestre coa visita do amigo invisible!

 

Os rapaces intercambiaron agasallos coma actividade de cohesión de grupo e para celebrar a amizade na hora de titoría.

COMEZAMOS O PROXECTO DO HORTO SOSTIBLE

O alumnado de 2°ESO xa  comezou a traballar co proxecto do horto sostible nas horas de titorías. Aprenden a recolectar as sementes das flores que sementarán despois na primaveira & constrúen uns hoteis para insectos para protexer durante o inverno as especies útiles para o horto. Como podedes ver, encántalles o proxecto e todos participan activamente!

CONCURSO DE ROBÓTICA E VISITA A MUNCYT

O día 18 de Novembro o alumnado de Ciencias de 4º ESO foi á Coruña para participar no Concurso Galego de Robótica, cada grupo formado por 5 alumnos/as tivo que resolver unha serie de desafíos de dificultade progresiva que implicaba unha programación sinxela dun robot e unha adaptación a nivel construtivo. Todos os grupos empregaron un robot Lego EV3.

Logo visitaron o Museo de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), donde puideron ver nas distintas salas desde o rincón das chapuzas, cachivaches, ata grandes pezas como a primeira lanterna eléctrica da Torre de Hércules, unha parte dun acelerador de partículas construído pola Xunta de Enerxía Nuclear en Madrid, a primeira enciclopedia Mecánica deseñada pola mestra Ángeles Ruíz Robles que facilitou a aprendizaxe dunha maneira interactiva e razoada, pero o que máis lles chamou a atención foi a sala iberia, onde está a cabina do Boing 747 “Lope de Vega” conocido como Jumbo, na súa adega viaxou dende Nueva York a Madrid o Guernica de Picasso en 1981.

SAÍDA DE 4º DE ESO A QUIROGA, MONTEFURADO E PANTÓN

Despois de moitos meses sen sair do CPIP, o alumnado de francés e de latín de 4° ESO, foi de excursión. A xornada comezou cunha parada nos museos de Quiroga cunhas visitas guiadas por Ramón Vila, o experto da zona. Descubriron o museo xeolóxico e o museo etnográfico onde contestaron a un cuestionario en francés. Ao rematar probaron a famosa bica da pastelería Marisa e descubriron os murais pintados sobre as fachadas dos edificios da vila.

A continuación, achegáronse  a Montefurado para ver unha das grandes obras civis dos romanos para a explotación do ouro.

Para xantar, o alumnado fixo un picnic aproveitando o fermoso día soleado. 

Para rematar o día, foron a unha casa rural en Pantón, alí entraron nunha sala de xogo de escape onde puxeron a proba as súas habilidades e as súas competencias de francés e de latín solucionando enigmas. Foi emocionante e o alumnado quedou con ganas de repetir a experiencia!

 

Con todas esas actividades culturais e lúdicas, o día foi moi ben aproveitado! 

Distribuir contenido