Actividades de secundaria

SAÍDA AO LUGO ROMANO

O xoves 8 de xuño, o curso de 2º da ESO viaxou a Lugo para coñecer o seu pasado romano, dentro das actividades extraescolares do Departamento de Xeografía e Historia e co acompañamento do titor do grupo. Para meterse no papel, a visita realizámola con disfraces de romanos e romanas, confeccionados coa máquina de coser e materiais do programa Polos Creativos. Os peiteados estaban baseados nos estudos e titoriais da peluqueira e arqueóloga Janet Stephens.
Visitamos a Sala de Exposicións da Porta Miñá, o Centro de Interpretación da Muralla, a Casa dos Mosaicos e o Centro Arqueolóxico de San Roque.

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

Nesta avaliación dende a titoría de 1ºESO traballamos os hábitos de vida saudable, centrándonos en dúas temáticas distintas: os cambios que experimenta o noso corpo na puberdade e a alimentación, unha dieta saudable.

Respecto ao primeiro, evax, tampax e ausonia contan cun programa educativo con material explicativo para que tanto alumnas como alumnos entendan de forma sinxela e participativa os cambios físicos e emocionais característicos desta etapa da vida. 

 

En canto a segunda temática, a alimentación, traballamos os contidos relacionados ca dieta saudable, valorando a importancia de facer 5 comidas ao día e recoñecendo os alimentos máis axeitados para cada unha delas. Deste xeito, as alumnas e alumnos de 1º ESO deseñaron  carteis con propostas de dietas saudables. 

 

 

 

 E estes son os resultados: 

 

  

TRABALLANDO CON ROBOTS

Alumnado de 4º de ESO exprora as posibilidades de varios robots dos da aula de Polos Creativos e intentan acadar o desafío de conseguir que bailen. A ver se o consiguen.

 

 

EUROVISIÓN NA CLASE DE FRANCÉS

Co gallo do concurso Eurovisión, o alumnado de francés de 3° ESO tivo o seu momento de gloria na clase... 

 

Fixemos  unha actividade inédita de karaoke, xa que o departamento de francés mercou recentemente material para ese fin. Moitos risos houbo!

Distribuir contenido