50 aniversario

O noso centro recibe a medalla de ouro do Concello de Baiona

O xoves 14 de decembro o CPI de Cova Terreña recibiu a medalla de ouro do Excmo. Concello de Baiona nun acto institucional, ao mesmo tempo que emotivo, que se celebrou na praza do concello, a cal se quedou pequena para acoller a todas as persoas vencelladas ao centro que se sumaron ao evento. 

O noso centro foi recoñecido con este galardón, o de maior rango posible, pola súa actividade educativa, social e cultural ao longo dos seus 50 anos de vida.

 

No acto fíxose referencia a como "vive" o centro o alumnado a través das palabras de Leo Álvarez, representante no Consello Escolar e alumno de 2º ESO.

A concelleira de Educación deu lectura á "meritoria" presentada pola anterior corporación que motivou a concesión da devandita medalla. O concelleiro de Cultura certificou o outorgamento do galardón ao centro que lle foi entregado á directora, Dna. Isabel Martínez Cabaleiro, de mans do actual alcalde, D. Jesús Vázquez Almuíña.

No acto estiveron presentes o xefe territorial de Educación, D. César Pérez Ares, o inspector do centro, D. Gustavo Lorenzo Prozzo, a corporación municipal, ex-directores, membros do Consello escolar e representantes da ANPA, aos que se sumaron centos de baioneses e baionesas.

Ao longo da tarde visualizáronse fotografías históricas do centro, proxectouse o vídeo elaborado polo 50 aniversario e puidemos gozar da música do coro xuvenil e conxunto instrumental do centro ao que se sumou o alumnado de 5º e 6º Ed. Primaria, concluíndo con panxoliñas unha tarde memorable. 

Fantástico concerto do Coro do CPI de Cova Terreña para conmemorar o Día das Letras Galegas

O Coro do CPI de Cova Terreña volveu deleitarnos novamente nunha fantástica xornada en que non faltaron referencias ao 50 aniversario do noso centro e mais a homenaxe a Francisco Fernández del Riego, conmemorando o Día das Letras Galegas.

No acto, presentado por Emma G. e Omar L., o alumnado de 5º e 6º de Primaria leu uns textos alusivos ao 50 aniversario do noso centro, valorando as contribucións dos diversos equipos directivos, docentes, nais e pais e, por suposto, o alumnado que ao longo destes anos contribuíu a crear unha comunidade educativa clave no progreso da vila de Baiona para darlle paso ao vídeo conmemorativo polo 50 aniversario do centro.

Posteriormente, o alumnado de 1º de ESO leu textos referidos á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, antes de dar paso ao concerto do noso Coro, dirixido polo profesor David Piñeiro, cuxo programa de concerto estaba dividido en dúas partes: a primeira cunha homenaxe ás grandes bandas do rock e do pop, como The Beatles, Metallica ou U2; e unha segunda parte con poemas musicados de Álvaro Cunqueiro, Berrogüetto, Manuel Alegre e Curros Enríquez.

 

 

 

 

50 aniversario, acto institucional, visita do Conselleiro de Educación

50 aniversario do CPI Cova Terreña, 50 anos axudando a construír persoas

O pasado 21 de abril o noso centro viviu unha xornada inesquecíbel para todas e todos. Coa presenza de numerosas autoridades e dos e das representantes da comunidade educativa, o CPI Cova Terreña conmemorou o seu 50 aniversario, unha celebración que leva por título: “50 anos axudando a construír persoas”.

Comezaba a celebración co discurso da nosa directora, Isabel Martínez Cabaleiro, lembrando que o noso centro conta na actualidade “cunha importante renovación estrutural e tecnolóxica, que participa intensamente en proxectos innovadores, sendo un elemento dinamizador da vila e que ten un claro obxectivo: o noso alumnado”. Ademais, aproveitou a ocasión para lembrar a todas e todos os profesionais, e aos máis de 4.500 estudantes que pasaron polas nosas aulas nestes cincuenta anos, asemade das familias vinculadas ao centro..

A seguir, o alcalde da vila de Baiona, Carlos Gómez, confirmou a proposta de concesión da medalla de ouro ao noso centro, un centro educativo polo que pasaron xeracións e xeracións de baioneses e baionesas, e do que salientou o seu peso específico na vila.

Pechaba as quendas de intervención o Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, quen, entre outros eloxios, subliñou os enormes atrancos estruturais que tivo que asumir o noso centro nos últimos anos e como, a partir do labor do inmenso equipo humano que o conforma, se puido saír adiante cuns resultados óptimos. As felicitacións do Conselleiro centráronse nas súas “cinco décadas de constancia, fortaleza e afán permanente de mellora no servizo educativo (...) sempre apostando pola calidade, a equidade e pola excelencia académica, cun programa educativo extraordinario e exemplar que gañou en innovación e inclusión co paso do tempo”.

Por outra banda, o acto serviu para a proxección dun vídeo conmemorativo do 50 aniversario, e a entrega de obsequios a aqueles e aquelas que, durante algúns anos acudiron ás aulas do noso centro, ben para impartir docencia, ben para recibir os coñecementos e destrezas básicas coas que desenvolverse como persoas. Todas e todos son o noso orgullo.


 

E esta xornada tan especial rematou cun concerto do Coro do CPI Cova Terreña, dirixido polo profesor David Giráldez, e mais coa plantación dunha árbore na entrada do recinto escolar, plantación na que participaron tanto o Conselleiro de Educación e Cultura como o propio Alcalde de Baiona.

E seguiremos outros 50 anos máis axudando a construír persoas!
50 anos axudando a construír persoas incríbeis!

Entroido 2023 no Cova Terreña

O venres 17 de febreiro de 2023 celebrouse o Entroido no pavillón do CPI de Cova Terreña cun desfile de disfraces relacionados co lema do centro deste ano: "50 anos axudando a construír persoas".

Gomas de borrar, lapis de cores, atavíos dos anos 70... foron algúns dos disfraces escollidos polos niveis de Educación Infantil e Primaria, que desfilaban acompañados de música festiva, mentres o alumnado do centro ollaba a comitiva desde as bancadas.

A seguir, houbo actuacións dos grupos de Secundaria, algúns dos cales incluso animaron á participación de todo o alumnado nos seus bailes (ver vídeo adxunto).

 

Coa colaboración de todos e todas o alumnado do Cova Terreña puido gozar dun Entroido que había anos que non desfrutaba.

 

Exposición V centenario circunnavegación da Terra Magallanes/Elcano

La exposición está producida por el Centro Cultural y Educativo Español (CCEE) Reyes Católicos de Bogotá (Colombia), bajo la dirección y coordinación de Pablo Pinedo Reyes y Cristina Portillo Mayorga, que fueron profesores del centro colombiano.
El CPI “CovaTerreña” de Bayona acoge la exposición y abre sus puertas para que pueda ser visitada del 15 al 30 de septiembre.


Es una exposición eminentemente escolar que abarca las tres etapas educativas:
    • Etapa Infantil, con unos puzles para realizar en el espacio de la exposición.
    • Etapa Primaria, con una guía didáctica para entender la exposición.
    • Etapa Secundaria, con guías didácticas de Geografía, Historia, Biología y Geología.
La exposición comprende cinco partes:
    • Zona Infantil con puzles.
    • Zona de especias para valorar su color y olor.
    • Zona de medios audiovisuales, con vídeos, películas y documentales específicos.
    • Zona de lectura con libros sobre el tema.
    • Zona con 35 paneles (carteles) y 25 bastidores (óleos).

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031