Skip to Content

EDUCACIÓN FÍSICA 5º E 6º PRIMARIA

Para ir rematando este curso tan atípico, o alumnado de 5º e 6º de Primaria debe realizar un traballo teórico sobre os XOGOS OLÍMPICOS. Sabedes que este ano 2020 era ano olímpico e íanse celebrar as olimipadas en Tokio( Xapón); debido á situación sanitaria que vivimos éstes quedaron aprazados ata 2021.

O traballo consistirá en buscar información( GOOGLE) sobre os seguintes puntos que deberán estar desenrolados no traballo:

1.- Xogos olímpicos antigos e modernos. Breve explicación.

2.- Deportes que se traballaron no colexio( hockey, baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol, bádminton) dende cando son olímpicos e breve historia olímpica de cada un deles.

3.- Principais deportistas mundiais e españois da historia moderna do olimpismo.

O traballo terá unha extensión máxima de 10 folios DIN-A4. Enviarase ao mestre a través da dirección de correo electrónico jose@cpidacaniza.com

O PRAZO DE ENTREGA E ATA O 5 DE XUÑO 

Se algún alumn@ ten problemas para a realización do traballo pola falta de material tecnolóxico ( ordenador etc) que se poña en contacto comigo para tentar buscar unha solución.



page | by Dr. Radut