INICIO PROGRAMA PROA

 

O luns, día 9 de febreiro, comezará o programa PROA (programa de reforzo, orientación e apoio) no CPI da Cañiza para 30 alumnos da ESO.
Este programa será impartido por un profesor do centro, en horario extraescolar, de luns a xoves, en dous grupos de 15 alumnos cada un, dous días á semana cada grupo.
O programa finalizará a segunda quincena do mes de xuño.
O obxectivo final que se persegue nesta actuación é acadar e mellorar as competencias educativas destes alumnos.
A dirección

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA

Comunícaselle a todos os pais/nais que o CPI da Cañiza, intentando promover a creación de hábitos de alimentación saudables, participa este curso nun “Plan de consumo de froita na escola”, en convenio co FOGGA ( Fondo galego de garantía agraria).


Esta axuda concédese para mercar froita para os nenos/as de infantil e primaria durante catro semanas: do 2 ao 6 de febreiro, do 2 ao 6 de marzo, do 13 ao 17 de abril e do 4 ao 8 de maio.


Así pois, a próxima  semana, na hora do recreo, repartirase a todo o alumnado de infantil e primaria unha peza de froita fresca de tempada.  


A DIRECCIÓN

CORTE NO SERVIZO ELÉCTRICO

Onte, xoves día 15 de xaneiro, por un corte no servizo eléctrico, dende as 13:55 ata as 14:50 h., non se puido cociñar o segundo prato (espaguetes) para os alumnos da ESO.


 O persoal de cociña e a dirección do centro piden desculpas polas molestias causadas alleas a nosa vontade.


 A DIRECCIÓN

AEV (aportación económica voluntaria)

No CPI da Cañiza, a AEV (Aportación Económica Voluntaria) é unha cota totalmente voluntaria por parte das familias, aprobada polo Consello Escolar e pola Inspección Educativa  e supervisada por unha Comisión Económica,  da que forman parte pais, alumnos e profesores.

Esta cota complementa os ingresos da Consellería de Educación para o servizo do comedor e utilízase fundamentalmente para:

-          Mellora do menú.

-          Melloras na cociña e no comedor: fontanería, electricidade, carpintería, pintura, etc.

-          Adquisición e reparación de electrodomésticos: forno, frigoríficos, etc.

-          Reposición e compra de menaxe: potas, pratos, cubertería, etc.

-          Compra de productos de limpeza e droguería.

 

Neste curso os ingresos para o comedor reducíronse nunha porcentaxe bastante importante, uns 20.000 € menos no primeiro trimestre, polo que é fundamental que as familias que poidan fagan esta achega.

A AEV realízase en dúas aportacións anuais e, en función do número de irmáns, cada unha é de:

1 alumno……………………15 €

                   2 alumnos………………….25 €

                   3 ou máis alumnos…….30 €

En definitiva, grazas a esta cota, que, repito, é totalmente voluntaria,  o servizo de comedor do CPI da Cañiza, onde comen uns 600 alumnos, tanto os que pagan como os que non, vese mellorado no seu funcionamento e redunda na calidade tanto das instalacións, como da cociña (tren de lavado, forno, mesas quentes, etc.), como na calidade dos propios productos alimenticios; en definitiva, no beneficio dos seus fillos.

A DIRECCIÓN

AVISO: Modificación da xornada escolar en Secundaria 19/12/2014

Co gallo da celebración do Nadal, este venres 19 de decembro, o alumnado de Secundaria marchará no transporte escolar ás 14:30 (45 minutos antes do habitual) e o alumnado que non faga uso do comedor escolar sairá ás 13:50.

Dita modificación foi aprobada polo Consello Escolar.

 

BO NADAL!

XA ESTÁN NO CPI OS TÍTULOS DE ESO DO ANO 2011-2012

RECOLLIDA DE VALES DE LIBROS DA ESO PARA OS QUE APROBARON EN XUÑO ATA O 28 DE XULLO

XA SE PODEN RECOLLER OS VALES DE LIBROS DA ESO PARA OS QUE APROBARON EN XUÑO

XA ESTÁN DISPOÑIBLES OS RECIBOS DE COMEDOR DE XUÑO

SE PODEN RECOLLER NA SECRETARÍA DO CENTRO ATA O DIA 28 DE XULLO.

RECOLLIDA DOS CHEQUES DE LIBROS DE PRIMARIA A PARTIR DO LUNS 14 DE XULLO

A PARTIR DO LUNS 14, PÓDENSE VIR A RECOLLER OS CHEQUES DOS LIBROS DE PRIMARIA AO CENTRO.


RECÓRDASE QUE DEBE RECOLLELO O SOLICITANTE PERSOALMENTE CO SEU DNI.

Distribuir contido