Skip to Content

Recollida de libros de texto para Secundaria.

                                          

Xa están dispoñibles os lotes de libros de texto de todo o alumnado de Educación Secundaria que solicitou o Fondo de Libros. 

Poderanse recoller o luns 4, martes 5, mércores 6 e xoves 7 de setembro en horario de 10:30 a 13:30 no edificio de Secundaria.

Terán que recollelos os titores legais de cada alumno/a ou ben un adulto autorizado

Recollida dos vales de libros e material

 

 

Recordámosvos que xa están dispoñibles os vales para as axudas dos libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024.

O horario de recollida será de 9:00 a 14:00 horas na secretaría de Secundaria.

Prazo de recollida ata o 28 de Xullo incluído. (O luns 24 estaremos pechados)

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 23/24

 


Deberán presentar as solicitudes para o curso 2023/2024 en secretaría, no edificio de Secundaria.

Horario de atención: de 10:00 a 13:30 horas, por orde de chegada.

FIN DE PRAZO DE SOLICITUDES: 28 DE XULLO DE 2023 (ICLUSIVE)

Entregarán as solicitudes debidamente cubertas e asinadas. (Mirar nos adxuntos as intrucións)

LIBROS DE TEXTO, 2023-2024

Nos arquivos as listaxes de libros de texto para o curso 2023-2024

BOLETÍNS DE NOTAS EN SECUNDARIA

VENRES 23, A PARTIR DAS 12:00

MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 SÓ PARA ALUMNOS QUE NON ESTÁN NO CPI DA CAÑIZA

PRAZOS:

  • INFANTIL e PRIMARIA: do 20 ao 30 de XUÑO
  • SECUNDARIA: do 23 de XUÑO ao 7 de XULLO

Documentos que hai que presentar na SECRETARÍA do EDIFICIO de SECUNDARIA (se algunha xa foi entregada anteriormente, non fai falta):

  • Formulario matrícula.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI do alumno/a e dos proxenitores.
  • Fotocopia do libro de vacinas do alumno/a (SÓ OS DE INFANTIL)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Certificado empadroamento conxunto, onde figure o/a alumno/a.
  • No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.
  • Impreso de Alerta Escolar, xunto co certificado médico, se é o caso (sobre todo se hai alerxia alimentaria e fai uso do comedor).
  • Materias optativas de 1º da ESO.

Resumo información xeral.

Os alumnos procedentes dos centros adscritos (Arbo, Crecente e Valeixe) teñen a documentación xa nos centros de orixe.

VISITA CASA MUSEO DIEGO DE GIRÁLDEZ

Un mes después de que Diego nos visitara en el cole, ahora nos toca a nosotros visitarlo a él en su casa Museo en la Cañiza.

 

Cargados de emoción y nerviosismo decidimos entrar a conocer un poco más de la obra del artista.

 

Es una visita breve porque disponemos de poco tiempo, somos muchos y de distintas edades. Pero nos da la oportunidad de observar el realismo en ciertas figuras que parecen de verdad, así como el estilo propio de Diego.
 
Algunas aulas han elaborado una serie de dibujos que son observadas por Diego con sorpresa y afecto hacía el alumnado.
 
 
 
 
 
Aquí podéis observar con más detalle los dibujos realizados por el alumnado.
 
 
 

 

Gracias Diego por la acogida en tú Casa Museo y por el trato recibido hacia el alumnado.

Gracias

Obsequio de Diego de Giráldez

 

 

 

INFORMACIÓN:

Los que queráis en verano descubrir que había subiendo las escaleras y conocer más obras del Museo en compañía devuestra familia, recordar que abre los Domingos de Julio y Agosto de 6 a 9 de la tarde.

UNS AMIGOS MOI ESPECIAIS

O CPI da Cañiza e o refuxio de animais Os biosbardos de Ponteareas, unímonos contra o abandono animal e rexeitamos calquera tipo de maltrato.

Dende hai uns meses, formamos parte dun proxecto de colaboración no que o noso centro organanizou varias actividades, e entre elas, unha recollida de alimentos e outros materiais para axudar á protectora ponteareá.

Este tipo de colaboracións entre un centro educativo e institucións sen ánimo de lucro pode ensinar ao alumnado a importancia do respecto polo entorno, a empatía e a responsabilidade, provocando comportamentos máis conscientes no futuro. Ademais, tamén podería crear oportunidades tanto de visibilización como de recursos para esas entidades.

Con esta publicación queremos agradecer á protectora Os biosbardos  o seu traballo  na loita contra o desamparo animal, así como pola súa visita deste mércores 7 de xuño. Tamén  queremos dar as GRAZAS a todas as familias que colaboraron na recollida de alimentos e na adopción de animais.

A TODOS VÓS... GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS! SODES XENIAIS!

 

Botadelle un ollo aos alegatos que fixeron os nosos alumnos para algúns dos cans do refuxio.   

 

Se queredes coñecer máis de Os Biosbardos, clicade na imaxe.

PLAN PROXECTA: AS EMOCIÓNS DOS REFUXIADOS

O alumnado de 4º de primaria estivo participando nun planProxecta de Aprendo Programando, onde o mesmo tempo que  aprendían a programar coñeceron e investigaron sobre os refuxiados:

Coñecer que é un refuxiado  e porque marchan do  seu país.

Diferenciar entre refuxiado e migrante.

Identificar os medos das persoas refuxiadas.

Identificar os prexuicios sobre as persoas refuxiadas.

Fomentar e mostrar empatía polos nenos/as refuxiados.

Investigar sobre a situación dos refuxiados.

Entender a situación das familias refuxiadas no noso pobo, colexio e buscar estratexias para axudalas.

E todo isto dende unha visión centrada nas emocións. Para iso fixeron distintas actividades  tanto de sensibilización sobre o tema de refuxiados como de  aprender a programar.

Contos, videos, curtametraxes, debates, cómics, debates,... todo axudou a coñecer a situación das persoas refuxiadas, as súas emocións, medos, etc.

Nun segundo momento e co aprendido elaboraron unha pequenas historias, xogos para plasmar o aprendidido. Para iso, empregaron a programación por bloques de Scratch.

Aquí tenéis el resultado de  alguno de nuestros trabajos.

 

 

REDUCCIÓN DE PERSOAL NA COCIÑA DO CPI

Estimadas familias:

Na nosa cociña traballan dende hai quince anos unha oficial de segunda(cociñeira) e cinco axudantes de cociña. Neste momento, temos a un axudante de baixa por enfermidade. Solicitado un sustituto a Persoal da Xunta, comunican que non se vai proceder a dita sustitución, é dicir, que durante o que resta de curso quedaremos só con catro axudantes.

Por este motivo, vémonos na obriga de realizar algúns cambios no menú de xuño que xa tiñamos preparado.

Atentamente,

A dirección 

Distribuir contido


by Dr. Radut