Skip to Content

Taboleiro

FORMACIÓN USO DAS TICS PARA AS FAMILIAS

 

Recordámosvos que o vindeiro luns, día 4 de marzo, ás 16:30 horas, teredes a formación de "uso e risco das TIC" no CPI da Cañiza. Esperámosvos!

 

 

CARREIRA SOLIDARIA 2024

Estimadas familias.

A celebración da Carreira Solidaria do vindeiro martes 30 de xaneiro terá os seguintes horarios.

9:30 - 6º de Primaria

9:45 - 5º de Primaria

10:00 - 4º de Primaria

10:15 - 3º de Primaria

10: 50 - 2º de Primaria

11:05 - 1º de Primaria

11:20 - 5 anos

11:35 - 4 anos

11:50 - 3 anos

12:00 - Carreira de mestras/es

12:15 - Carreira de familias.

13:00 - Carreira do alumnado de Secundaria.

 

 A carreira celebrarase no patio do centro se as condicións meteorolóxicas o permiten. De non ser así, realizarase no pavillón.

 

Recordade que de 10:35 a 10:50 e de 12:35 a 12:50 son os recreos en Educación Infantil e Primaria, polo tanto non se permitirá a presenza de familias no patio neses períodos de tempo.

MAGOSTO 2023

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-21

Comunícase que o día 9 de xullo saíu publicada a orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-2021.

En educación infantil e primaria as clases comezarán o xoves día10 de setembro e rematarán o 22 de xuño de 2021.

Na ESO as clases comezarán o mércores 16 de setembro e rematarán o 22 de xuño de 2021.

O comedor escolar comezará a funcionar o día 10 de setembro.

A dirección

 

Para ir rematando este curso tan atípico, o alumnado de 5º e 6º de Primaria debe realizar un traballo teórico sobre os XOGOS OLÍMPICOS. Sabedes que este ano 2020 era ano olímpico e íanse celebrar as olimipadas en Tokio( Xapón); debido á situación sanitaria que vivimos éstes quedaron aprazados ata 2021.

O traballo consistirá en buscar información( GOOGLE) sobre os seguintes puntos que deberán estar desenrolados no traballo:

1.- Xogos olímpicos antigos e modernos. Breve explicación.

2.- Deportes que se traballaron no colexio( hockey, baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol, bádminton) dende cando son olímpicos e breve historia olímpica de cada un deles.

3.- Principais deportistas mundiais e españois da historia moderna do olimpismo.

O traballo terá unha extensión máxima de 10 folios DIN-A4. Enviarase ao mestre a través da dirección de correo electrónico jose@cpidacaniza.com

O PRAZO DE ENTREGA E ATA O 5 DE XUÑO 

Se algún alumn@ ten problemas para a realización do traballo pola falta de material tecnolóxico ( ordenador etc) que se poña en contacto comigo para tentar buscar unha solución.

A nova actividade que imos plantexar para os vindeiros 10 días consiste na realización dun xogo ou xoguete con material de reciclaxe( envases, papel, cartón etc). Podedes facer o que queirades, pero como mostras déixovos estas tres imaxes para que vexades que cun chisco de imaxinación podemos traballar contidos da Educación Física...

 

 

Para poder avaliar a actividade é preciso que enviedes unha FOTO do xogo ou xoguete a través do correo electrónico ou whattsapp. 

PRAZO DE ENTREGA DO 20 AO 31 DE MAIO.

A ACTIVIDADE SÓ É PARA 3º e 4º DE PRIMARIA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut