Skip to Content

Taboleiro

Ven de rematar o campionato de bádminton, que o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria; estivo disputando nos recreos( xogaron en total 79 nen@s en ambas categorías). A final feminina xogárona Irene e Natalia de Alejandro, que disputaron un partido igualadísimo que se decantou finalmente para Natalia. Por outa banda na final masculina Wen Hao e Ismael Fernández xogaron unha final un tanto desigual, que se levou Wen Hao en dous sets.

Agradecer a todo o alumnado a súa implicación e o respecto ás normas de xogo. 

Jose

CHARLA INFORMATIVA

O vindeiro mércores 29 de catro a cinco da tarde, terá lugar unha charla no salón de actos da casa da cultura da Cañiza para tratar o tema do uso, ou "mal uso", das novas tecnoloxías por parte do alumnado.Será impartida pola Garda Civil dentro do programa "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2017/2018" (facendo click na imaxe tedes un enlace a páxina oficial do programa)

Esta charla está orientada aos pais e nai de alumnos da ESO, pero estades tod@s convidados

 

Resultado de imagen de PLAN DIRECTOR

COMEDOR ESCOLAR:AVISO IMPORTANTE

DEBIDO ÁS TAREFAS DE MANTEMENTO QUE SE ESTÁN A REALIZAR NO COMEDOR PARA O MELLOR FUNCIONAMENTO DO SERVIZO, COMUNICAMOS QUE O COMEDOR ESCOLAR COMEZARÁ O VINDEIRO 15 DE SETEMBRO,VENRES.

POR ESTE MOTIVO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA REMATARÁ AS CLASES AS 13.30H.

AGRADECEMOS A SÚA COMPRENSIÓN.

A DIRECCIÓN.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut