Skip to Content

Taboleiro

Acaba de rematar o campionato de fútbol-sala. Na categoría feminina as gañadoras foron as nenas de 6ºA. Nunha final moi igualada venceron ás nenas de 6º B por un axustado 1-0. A mellor xogadora do torneo foi Icia de 6ºA.

Na categoría masculina, os vencedores foron os nenos de 6ºB. Na final impuxéronse por 3-1 aos nenos de 5ºB. O mellor xogador do torneo foi Nico de 6ºB.

Agradezo a tódolos nen@s o seu bo comportamento e respecto de cara ás normas da competición.

 

Jose

Xa chegamos á recta final dos campionatos de fútbol-sala. Na categoría masculina, a primeira semifinal enfrontou aos nenos de 5ºB contra os rapaces de 4ºB. Despois dun emocionante empate 3-3, na tanda de penaltis metéronse na final os rapaces de 5ºB. A outra semifinal non foi menos interesante e os rapaces de 6ºB gañaron no derradeiro minuto por 3-2 aos nenos de 5ºA.

As semifinais femininas foron moito mais pechadas e as defensas impuxéronse aos ataques. Na primeira semifinal as nenas de 6ºA gañaron por 1-0 ás nenas de 5ºB. Na segunda semifinal entre as nenas de 6ºB e as nenas de 4ºB o marcador foi de 0-0 e na tanda de penaltis impuxéronse as de 6ºB.

As finais 5ºB-6ºB (masculina) e 6ºA-6ºB (feminina) dispútanse nesta semana.

Un saúdo.

 

Jose

O alumnado de 3º e 4º de ESO do CPI da Cañiza comunicoulle por escrito á Dirección deste centro a súa decisión de non asistir a clases os próximos días 13 e 14 de abril, con motivo de dúas xornadas de folga convocadas por diversos sindicatos de estudantes.

A Lei Orgánica 2/2006 concédelles ós alumnos, a partir de 3º ESO, o dereito de reunión e de inasistencia a clases. Recóllese especificamente o concepto de "inasistencia" e non de "folga", xa que este último termo corresponde unicamente a traballadores.

Ante esta situación, o Centro quere informarlles ás nais e pais dos alumnos das seguintes cuestións:

1) Todo o alumnado de Infantil,  Primaria e de 1º e 2º de ESO debe asistir obligatoriamente a clase por non ter recoñecido por lei o dereito de inasistencia á escola. As faltas nestes niveis procesaranse do mesmo xeito que en calquera outra xornada lectiva normal.

2) Os docentes que prestan os seus servizos no centro non están en folga. A dirección do CPI da Cañiza garante o normal servizo público que se desenvolve neste centro de ensino. Asemade, a Dirección do Centro poñerá todos os medios ó seu alcance para atender ós alumnos de 3º e 4º de ESO que se presenten no centro os próximos dous días.

3) Por orde da Inspección Educativa non se terán en conta as faltas de asistencia en 3º e 4º de ESO nos días que a asemblea de alumnos lle comunicou á Dirección que optarían pola inasistencia a clase.

4) A pesar da decisión colectiva de non acudir a clases, todos os alumnos de 3º e 4º de ESO poden acudir ó Centro se así o estiman oportuno as súas familias. No caso de asistiren a clases, estes alumnos deberán permanecer no Centro realizando as tarefas que se lles encomenden por parte dos docentes, cumprindo o horario completo que está establecido, incluíndo o servizo de comedor.

5) A Dirección quere manifestar o seu respecto pola decisión dos alumnos de 3º e 4º de ESO, sen entrar a valorar en ningún caso as motivacións que deron como resultado a toma desta postura e mantendo, en todo momento, unha actitude neutral ante as reivindicacións estudiantís en curso.


Neste mes de abril estamos inmersos, de novo, nunha nova edición da liga de fútbol-sala. Participan 8 equpos masculinos e 6 equipos en categoría feminina. Xa vos irei contando como trancurre todo, pero os primeiros partidos están sendo moi emocionantes. Un saúdo.       Jose

 

Velaquí a acta cos resultados da votación celebrada o día 5 de febreiro. O CPI da Cañiza quere agradecer a alta participación das nais e pais do centro (84%) neste proceso.

Acta votación xornada única

ESCOLA DE PAIS

REUNIÓN INFORMATIVA

Informamos sobre a vindeira reunión para falar sobre a XORNADA ÚNICA que se realizará o próximo xoves 28, ás 19:00 h.  no auditorio da Casa da Cultura da Cañiza.

Agradecemos a súa asistencia.

Votación Xornada Única - 5 febreiro

Xúntase a licitación do servizo de cafetería do CPI da Cañiza. Para descargar o documento, prema AQUÍ.

AVISO: cambios no menú escolar do mes de xaneiro

Para acceder á Circular sobre as normas de acceso ó Colexio de Primaria, descargue o PDF aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut