Skip to Content

Taboleiro

Estimados pais/nais, de acordo coa Orde do 29 de maio de 2008 (DOG do 6 de xuño) polo que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá, iniciase o proceso de solicitude para que, se así o desexa a maioría da comunidade educativa, se poida implantar no vindeiro curso 2016-2017.

    Segundo establece a normativa vixente, o procedemento a seguir será:

1. Acordo do Consello Escolar, por maioría dos tres quintos dos seus membros.
2. Acordo do Claustro de Profesores/as, por maioría dos tres quintos dos seus membros.
3. Acordo favorable do 58% do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado.
4. Plan específico de actividades extraescolares.
5. Solicitude ao Delegado de Educación.

Para ler ou descargar a circular completa en formato PDF, premede na seguinte ligazón

Ven de rematar a competición de badminton nas dúas categorías en xogo. Na categoría masculina a final disputárona Juan Pablo de 5º B e Weng Hao de 4º B. Despois de dous disputadísimos sets, alzouse coa victoria final Juan Pablo por un axustado 11-7 e 11-8.

Na categoría feminina a final xogárona Aitana de 6º A contra Ainhoa de 4º A. Si a final dos rapaces foi igualada e emocionante, a das rapazas tivo que ir a un terceiro set. O marcador final foi 11-9, 7-11 e 11-5 para Aitana de 6ºA, que conqueriu así a victoria final no Campionato.

Este ano quero salientar o apoio recibido por parte dos meus alumn@s para realizar as funcións de arbitraxe; o que unido a existencia de cinco campos pintados de bádminton, fixeron o campionato mais fluído e mellor organizado.

GRAZAS

Este curso a liga escolar de badminton adiantouse ao primeiro trimestre. Temos 73 alumn@s, que están competindo nos recreos matutinos por tentar conquerir avanzar ronda nos cadros de competición.

De momento a competición feminina está na ronda de cuartos de final e a masculina está na ronda previa.

Xa vos irei informando sobre o desenrolo da competición.

Ánimo a tod@s.

Jose

O Tangaraño 2015. Revista escolar

 

Dende o pasado día 7 de abril estívose disputando o habitual Campionato de fútbol-sala no pavillón de primaria. Este ano participaron cinco equipos de categoría feminina e oito equipos de categoría masculina. Na categoría feminina o torneo foi gañado con moita autoridade polas rapazas de 6ºB, sendo elixida mellor xogadora do torneo Alexia Gómez.

Na categoría masculina os resultados movéronse pola sorpresa continua. Na primeira fase caeron eliminados os alumnos de 6º A( a priori chamados a estar cando menos en semis). Nas semis, despois dun apretadísimo partido resolto na derradeira xogada os rapaces de 5ºB eliminaron por un axustado 4-3 aos alumnos de 6ºB. Na outra semifinal os nenos de 4ºB eliminaron na tanda de penaltis aos seus homólogos de 4ºA.

A gran final disputouse entre 5ºB e 4ºB. Un partido sen claro dominador no que os nenos de 4º B se levaron a final por un marcador de 5-3, sendo elixido mellor xogador do torneo Juan Pablo.

Moitas grazas a tod@s por participar.

 

Jose

Estívose disputando o campionto escolar de Bádminton nestes días do mes de Marzo. Participaron 67 alumn@s do centro, divididos en categoría masculina e feminina. Na final feminina venceu Alexia de 6ºB a Alejandra de 6ºA. Na final masculina rodrigo de 6ºB venceu a Adán de 6ºB, nunha emocinante final que tivo que ir ao desempate.

 

O mestre de E.F.

Comunícaselle a todos os pais/nais que o CPI da Cañiza, intentando promover a creación de hábitos de alimentación saudables, participa este curso nun “Plan de consumo de froita na escola”, en convenio co FOGGA ( Fondo galego de garantía agraria).


Esta axuda concédese para mercar froita para os nenos/as de infantil e primaria durante catro semanas: do 2 ao 6 de febreiro, do 2 ao 6 de marzo, do 13 ao 17 de abril e do 4 ao 8 de maio.


Así pois, a próxima  semana, na hora do recreo, repartirase a todo o alumnado de infantil e primaria unha peza de froita fresca de tempada.  


A DIRECCIÓN

Onte, xoves día 15 de xaneiro, por un corte no servizo eléctrico, dende as 13:55 ata as 14:50 h., non se puido cociñar o segundo prato (espaguetes) para os alumnos da ESO.


 O persoal de cociña e a dirección do centro piden desculpas polas molestias causadas alleas a nosa vontade.


 A DIRECCIÓN

No CPI da Cañiza, a AEV (Aportación Económica Voluntaria) é unha cota totalmente voluntaria por parte das familias, aprobada polo Consello Escolar e pola Inspección Educativa  e supervisada por unha Comisión Económica,  da que forman parte pais, alumnos e profesores.

Esta cota complementa os ingresos da Consellería de Educación para o servizo do comedor e utilízase fundamentalmente para:

-          Mellora do menú.

-          Melloras na cociña e no comedor: fontanería, electricidade, carpintería, pintura, etc.

-          Adquisición e reparación de electrodomésticos: forno, frigoríficos, etc.

-          Reposición e compra de menaxe: potas, pratos, cubertería, etc.

-          Compra de productos de limpeza e droguería.

 

Neste curso os ingresos para o comedor reducíronse nunha porcentaxe bastante importante, uns 20.000 € menos no primeiro trimestre, polo que é fundamental que as familias que poidan fagan esta achega.

A AEV realízase en dúas aportacións anuais e, en función do número de irmáns, cada unha é de:

1 alumno……………………15 €

                   2 alumnos………………….25 €

                   3 ou máis alumnos…….30 €

En definitiva, grazas a esta cota, que, repito, é totalmente voluntaria,  o servizo de comedor do CPI da Cañiza, onde comen uns 600 alumnos, tanto os que pagan como os que non, vese mellorado no seu funcionamento e redunda na calidade tanto das instalacións, como da cociña (tren de lavado, forno, mesas quentes, etc.), como na calidade dos propios productos alimenticios; en definitiva, no beneficio dos seus fillos.

A DIRECCIÓN

AVISO: Modificación da xornada escolar en Secundaria 19/12/2014

Co gallo da celebración do Nadal, este venres 19 de decembro, o alumnado de Secundaria marchará no transporte escolar ás 14:30 (45 minutos antes do habitual) e o alumnado que non faga uso do comedor escolar sairá ás 13:50.

Dita modificación foi aprobada polo Consello Escolar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut