Skip to Content

VII Campionato de fútbol-sala CPI da Cañiza

Dende o pasado día 7 de abril estívose disputando o habitual Campionato de fútbol-sala no pavillón de primaria. Este ano participaron cinco equipos de categoría feminina e oito equipos de categoría masculina. Na categoría feminina o torneo foi gañado con moita autoridade polas rapazas de 6ºB, sendo elixida mellor xogadora do torneo Alexia Gómez.

Na categoría masculina os resultados movéronse pola sorpresa continua. Na primeira fase caeron eliminados os alumnos de 6º A( a priori chamados a estar cando menos en semis). Nas semis, despois dun apretadísimo partido resolto na derradeira xogada os rapaces de 5ºB eliminaron por un axustado 4-3 aos alumnos de 6ºB. Na outra semifinal os nenos de 4ºB eliminaron na tanda de penaltis aos seus homólogos de 4ºA.

A gran final disputouse entre 5ºB e 4ºB. Un partido sen claro dominador no que os nenos de 4º B se levaron a final por un marcador de 5-3, sendo elixido mellor xogador do torneo Juan Pablo.

Moitas grazas a tod@s por participar.

 

Jose



page | by Dr. Radut