Skip to Content

Taboleiro

Procedemento reclamacións cualificacións finais ESO

Tras as aclaracións oportunas co/a profesor/a, se procede, o pai/nai/titor legal poderá solicitar por escrito a revisión de cualificacións os días 23 e 24 de xuño. A solicitude de revisión será tramitada pola Xefa de Estudos.

O día 25 de xuño a Xefa de Estudos comunicará ao pai/nai/titor legal a decisión adoptada polo/s Departamento/s.

No caso de persistir o desacordo, o pai/nai/titor legal poderá solicitar por escrito ao Director, no prazo de dous días a partir da última comunicación do Centro, que eleve a reclamación á Xefatura Territorial.

Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa como colaboradores voluntarios no comedor escolar

As nais, os pais, os/as titores legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro, que desexen, ao longo do curso 2014-15, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio no comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá abierto ata o día 28/09/2014, podéndose reabrir o novo prazo, de ser o caso, ata o 21/12/2014.

Pendentes Secundaria 2014

Veñen de rematar as ligas de fútbol-sala do CPI da Cañiza, na súa sexta edición. Na final masculina os vencedores foron os alumnos de 6ºB, que venceron na final ó equipo de 5º por un claro 4-0. O mellor xogador do torneo foi Adrián de 6ºB.

Na categoría feminina os equipos de 6º A e de 6º B enfrontáronse, nunha final que a priori parecía moi igualada. Despois do partido e cun 4-0 a favor das nenas de 6º A, a igualdade quedou nun segundo plano. As mellores xogadoras do torneo foron Lucía de 6º A e Emma de 6º B.

 

Felicitacións a tódolos nen@s pola deportividade e o bo facer durante o trancurso dos partidos.

 

        Jose

Xa estamos de volta cunha nova liga de fútbol-sala en Primaria. Xa imos pola sexta edición e moi orgullosos de estar ó pé do cañón.

Os partidos da primeira fase estenderanse dende mañá mércores 26 de Marzo ata o vindeiro 11 de Abril, nos recreos da mañá. As semifinais disputaranse a volta das vacacións de Semana Santa.

Sorte a tod@s.                                                                                       Jose

Xornada Deporte Escolar

 

Hoxe día 19 de Marzo celebramos a I Xornada de deporte escolar, do programa XOGADE da Xunta de Galicia. Recibimos a visita do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas. Disfrutamos dunha xornada soleada que nos invitou aínda con máis gañas, a disfrutar do deporte e coñecer a outros rapaces/as do entorno. Xogamos a fútbol-sala e balonmán, aínda que os resultados son o de menos; temos que dicir que fixemos un bo traballo. O profe Jose está moi orgulloso do comportamento dos nenos/as de 6º de Primaria e loxicamente dos resultados obtidos. Seguiremos con estas xornadas no terceiro trimestre, devolvendo a visita ós pontareáns e xogaremos a hockey e baloncesto.

 

                                  Jose

DATAS DE ENTREGA DAS NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN

Ata o día 20 de Marzo estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2014/2015 no 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacherelato.

A votación celebrada o día 24 de febreiro ofreceu os seguintes resultados:


- VOTANTES:              111


- VOTOS A FAVOR:       62


- VOTOS EN CONTRA:   48


- VOTOS EN BRANCO:     1


Ao non cumprir o requisito de acordo favorable do 58% do total do censo, procédese ao arquivo das actuacións.

Ata o 31 de xaneiro estará exposto o censo electoral de nais/ pais para a votación da xornada única en Educación Infantil e Primaria do CPI da Cañiza.


O prazo de reclamacións sobre o censo comenzará o día 27 e rematará o 31 de xaneiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut