Skip to Content

MATRÍCULA ALUMNADO NOVO INGRESO CURSO 2022-2023

 

PRAZO DE MATRÍCULA PARA TODO O ALUMNADO DE NOVO INGRESO (INFANTIL-PRIMARIA-ESO)

INFANTIL - PRIMARIA: DO 23 DE XUÑO ATA O 30 DE XUÑO (INCLUSIVE)

 SECUNDARIA: DO 27 DE XUÑO ATA O 8 DE XULLO (INCLUSIVE)

¡¡¡IMPORTANTE!!! soamente o alumnado de novo ingreso, que no vindeiro ano académico curse 4º de educación infantil e que xa aportou toda a documentación no proceso de admisión (marzo), non precisa vir en xuño a facer a matrícula. O resto do alumnado de novo ingreso dos restantes cursos si deberá facer a matrícula así como aportar a documentación no prazo indicado.

A todo o alumnado que xa está cursando estudios no CPI DA CAÑIZA (Infantil-Primaria-ESO), xa os matriculamos por defecto, polo tanto non precisan vir ao centro para o proceso de matriculación.

Os interesados ademais de presentar os impresos debidamente cubertos e asinados, deberán aportar a seguinte documentación que a continuación se relaciona. Recorden que non facemos fotocopias no centro.

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁN APORTAR (ALUMNADO NOVO INGRESO INFANTIL-PRIMARIA-SECUNDARIA)

  • CERTIFICADO DE CONVIVENCIA (deben figurar todos os membros da unidade familiar: pai/nai/fillos).
  • FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A (obrigatorio a partir dos 14 anos).
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA DO ALUMNO/A.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE VACINAS.
  • 3 FOTOS DO ALUMNO/A CO NOME ESCRITO DETRÁS.
  • CERTIFICADO DE NOTAS DO ÚLTIMO CURSO ACADÉMICO, INCLUÍDAS AS MATERIAS PENDENTES DOUTROS CURSOS.

VIDEOXOGO CPI DA CAÑIZA

Estimadas familias e alumnado do CPI da Cañiza:

O profe Breixo estivo traballando durante este curso na creación dun videoxogo sobre o noso colexio e aquí vos deixamos o resultado final. Está dispoñible tanto para ordenador coma para dispositivos Android (esperamos poder telo en IOS en breve). Neste xogo teredes que ir buscando obxectos e moedas que vos darán os diferentes mestras e mestres para activar a panca que hai na porta de entrada. Esperamos que vos guste e vos divirtades moito con el.

Para acceder a el só tedes que CLICAR NA IMAXE.

Aquí atoparedes 3 carpetas: Android, Mac e Windows.

Para xogar no móbil ou tablet Android, só tedes que descargar e instalar o arquivo APK que aparece. Antes, en axustes do teléfono, debedes permitir a instalación de arquivos externos. (BREVE TITORIAL)

Para xogar no ordenador, descargades a versión de Windows e buscades un arquivo que se chama “GAME”. Non hai que instalar nada, só abrilo e listo!

Parabéns profe Breixo polo traballo!!!

ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

BECAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Está aberto o prazo para a súa solicitude ata o 30 de setembro.

O TANGARAÑO 2022

   

CALENDARIO FIN DE CURSO

INFANTIL E PRIMARIA

- 13 de xuño: Avaliación en Infantil

- 20 de xuño: Avaliación en Primaria

- 22 de xuño: Entrega de notas. Fin de curso.

- 23, 27 e 28 de xuño: Prazo de reclamación de notas.

ESO

- 8 e 9 de xuño: 3ª avaliación.

- 9 de xuño: entrega de notas (a partir do peche da avaliación)

- 22 de xuño: Fin de curso.

- 23 de xuño: Avaliación final e entrega de notas (a partir do peche da avaliación)

- 27, 28 e 29 de xuño: Prazo de reclamación de notas.

CURSO 2022-2023

As actividades lectivas en educación infantil, educación primaria e ESO realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

MENÚ ESCOLAR MES DE XUÑO

CHARLA INFORMATIVA

AVISO DA ORGANIZACIÓN: por motivos alleos a nós, é necesario CAMBIAR A DATA DE CELEBRACIÓN DA CHARLA, polo que se pasará ao VENRES 10 DE XUÑO ás 18:00 horas no edifico de primaria do CPI A Cañiza. 

Grazas a tod@s e desculpen as molestias.

PROTOCOLO COVID-19 ACTUALIZADO (versión 20/05/2022)

Publicada a nova versión do protocolo COVID-19 da Consellería de Educación. No arquivo adxunto podedes consultar este documento.

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

PRAZO PRESENTACIÓN: DO 19 maio - 22 de xuño 2022

Participación fondo solidario:

-3º, 4º, 5º e 6º Primaria

-1º,2º, 3º, e 4º ESO

Axudas para libros de texto:

  -1º e 2º EP (Primaria)

  - Alumnado de educación especial (EE)

Axudas Material Escolar:

- Primaria (EP)

- Secundaria (ESO)

- Alumnado de educación especial (EE)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por sede electrónica, a través das seguintes vías: (CHAVE 365, DNI ELECTRÓNICO ou  CERTIFICADO DIXITAL), NESTE CASO SERÁ UNHA SOLICITUDE POR ALUMNO/A, DEBIDAMENTE CUBERTA E ASINADA, ADXUNTANDO A DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE.

O formulario normalizado da solicitude é o seguinte: ED330B

Aplicación Informática fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente, na secretaría do centro. Neste caso a solicitude será única para todos os irmáns, e deberá estar debidamente cuberta e asinada. O Impreso de solicitude anexos I e II do DOG do 18 de maio de 2022 ou na aplicación FONDOLIBROS. Deberán aportar a documentación correspondente e deberá traer vostede as fotocopias feitas.

  

HORARIO DE ATENCIÓN: DE 10:30 a 13:30 horas, no edificio de secundaria, serán atendidos por orden de chegada.

Deberá acudir o centro o antes posible, non o deixen para o final, para non ocasionar colas de espera.

Toda a información está na seguinte paxina Web: Http://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Distribuir contido


by Dr. Radut