Skip to Content

PROBAS ACCESO A CICLOS

Xa en Biblogcaniza e na aula virtual (na que pode entrar calquera como convidado) información e materiais para preparar estas probas.

Picade na imaxe para saber máis.

Aviso importante sobre o protocolo COVID

Segundo se indica no protocolo da Dirección Xeral de Saúde Pública os conviventes dunha persoa que sexa positivo COVID que NON estén vacinados, non teñan a pauta completa de vacunación ( alumnos/as de menos de 12 anos) ou que non foran diagnosticados da COVID nos últimos 6 meses deberán gardar cuarentena. Rogamos informen ao Equipo Covid do centro (chamando por tlf) si se produce esta situación. Gracias.

 

CAMBIOS NO MENÚ

Bos días:

Informamos de que por unha baixa do persoal de cociña por COVID os menús poden sufrir algún cambio durante estes días. Disculpen as molestias.

A dirección

 

AUTODECLARACIÓN POR COVID

Estimadas familias:

Para declarar o positivo dun test de autodiagnóstico poden facelo cubrindo un formulario na páxina coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

Tamén poden chamar ao teléfono 881 54 00 45

A dirección

EGO GALEGO, PRESUMINDO DE EXALUMNAS

Que sexa unha exalumna a autora deste vídeo é altamente satisfactorio, pero que defenda o noso, aínda é máis.

 

Claudia, es unha BRAVA. E aquí estamos orgullosos de ter compartido clase contigo.

 

Título: Ego galego. Autora: Claudia. Tema do vídeo: Móvete co galego, Conmóvete co galego.

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2022-2023

Estimadas familias:

Ábrese o prazo dende o 11 de XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO DE 2022 (AMBOS INCLUSIVE), para a reserva de praza do alumnado en centros adscritos.

Deberán presentar o formulario ED550A (Anexo I), no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es//admisionalumnado).

 

Atentamente, Secretaría

MENÚ COMEDOR ESCOLAR XANEIRO 2022

FELICITACIÓN DE NADAL

 

O Claustro de profesores do CPI da Cañiza deséxalle a toda a Comunidade Educativa un

BO NADAL e FELIZ ANINOVO

PANXOLIÑA: VOLVER A CASA POR NADAL

Os nenos e nenas do Cpi A Cañiza, da man do mestre de música, Alex, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, quérenvos desexar un moi bo Nadal con este agasallo para a vista e os oídos, unha fermosa panxoliña do Xabarín Club: Volver a casa por Nadal.

FELICES FESTAS!!!

VILLANCICOS INFANTIL

O equipo de educación Infantil DESÉXAVOS UN BO NADAL.

Vémonos á volta. Disfrutade moito das vacacións!!!

VILLANCICO 3 anos

VILLANCICO 4 ANOS

 

 

VILLANCICO 5 ANOS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut