Skip to Content

RAP E IGUALDADE

Asesorado por especialistas, o alumnado de 3º da ESO participou nun obradoiro de igualdade que buscaba concienciar e reivindicar a posición da muller na sociedade.

No blog da biblioteca podemos escoitar as súas creacións.

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Xa no blog da biblioteca a montaxe da que vos falaramos. Mirade que ben soa Rosalía noutras linguas.

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

En Secundaria conmemoramos a data con variadas accións; aínda que, de momento, só podemos ir mostrando unha interpretación musical e os caligramas que o alumnado presentou ao concurso que organizaron conxuntamente varios departamentos.

Haberá máis... pero está en fase de montaxe. Atentos.

11F EN SON DA ESO, A RADIO DE SECUNDARIA.

Aplicación da lexislación sobre a obligatoriedade do uso de máscara en centros educativos

Estimadas familias:

Informamos, a modo de resumen, das novas normas do uso das máscaras nos centros educativos  (https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/COVID-19_Obligatoriedad_mascarillas_centros_educativos.pdf)

1. O uso de máscara en interiores continúa a ser obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos (e recomendable para maiores de 3 anos).

2. O uso de máscaras en espazos ao aire libre deixa de ser obrigatorio na actividade educativa ordinaria.

3. Cando polas súas dimensións ou características nalgún momento puntual tivesen lugar aglomeracións, a recomendación é que nestes casos si se use a máscara.

4. É obrigatorio o uso da máscara no transporte escolar a partir de 6 anos (recomendable de 3 a 5 anos)

Atentamente,

a dirección

11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Con variados recursos, o alumnado de Secundaria celebrou o día. Entrade aquí.

DÍA DA PAZ

Como cada ano, a carreira solidaria protagonizou o día. A máis voltas, máis alimentos. Máis...

MENÚ COMEDOR ESCOLAR FEBREIRO 2022

AVISO IMPORTANTE: SAÍDA ALUMNADO DA ESO ANDANDO

A partir do día 1 de Febreiro, os alumnos que pretendan saír do CPI de xeito puntual sen usar o transporte escolar (tanto antes de comer como despois), deberán de entregar en conserxería, durante a hora do recreo, o modelo de autorización que temos para o efecto, cuberto e asinado polos seus pais. De non facelo así, non se autorizará dita saída.

A dirección

RESERVA PRAZA NO IES

Queres reservar praza no IES? En Biblogcaniza verás como e poderás descargar o impreso.

Distribuir contido


by Dr. Radut