Deixámosvos por aquí un vídeo realizado polo alumnado de Infantil e Primaria para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
No cole estamos levando a cabo un proxecto sobre "A Volta ao Mundo" no que traballamos diferentes aspectos de varios países. E no comedor non ía ser menos. En outubro comezamos cos menús especiais que faremos o último venres de cada mes. E tocoulle a quenda á gastronomía de Estados Unidos. Mirade que pintaza todo, elaborado polo noso equipo de cociña. Ás de polo, hamburguesas e patacas fritidas.
Estimadas familias. Este curso contamos cuns menús de emerxencia para casos nos que a cociña poida sufrir algún imprevisto (quedar sen luz e non poder cociñar, falta de persoal...)
Deixámosvos nos adxuntos de abaixo para que poidades botarlle un ollo.
Estimadas familias. Co comezo do curso 23/24 o luns 11 de setembro, comezamos tamén o horario do comedor escolar. Achegámosvos o menú de setembro no anexo de abaixo.