Skip to Content

VOLTA A ESCOLA

Este luns 21 de setembro, voltamos á escola para dar comezo ao curso 2020/2021.

É un ano de nova normalidade por causa do Covid-19, cheo de protocolos para desenvolver toda a actividad académica de xeito seguro. Todos os membros da comunidade educativa debemos cumprir coas indicacións que se van dando.

Agradecemos a ANPA a súa colaboración nas tarefas de limpeza e sinalización do centro, ao persoal de cociña por ser quen de organizar o funcionamento do servizo de comedor,  ao persoal da asociación de voluntarios da Paradanta "Contigo" pola súa axuda desinteresada, as conserxes  pola súa dedicación e tempo, así como o Concello polo traballo no edificio de secundaria. E o profesorado pola súa implicación para que as aulas estén listas.

Familias, estamos preparados para comezar coa mesma ilusión de sempre, nunha situación diferente e adoptando as medidas hixiénico-sanitarias que garantan un día a día seguro.



portada | by Dr. Radut