Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

NORMATIVA

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)

- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017)

- Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG 22/12/2020)

 

PRAZOS

1. O prazo de presentación de solicitudes de admisión será dende o 1 de marzo ata o 22 de marzo. A documentación que deberá presentarse no centro é a seguinte:

- A solicitude de admisión modelo ED550B (adxúntase arquivo), que podrá presentarse no centro educativo ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

- Fotocopia do DNI do/a alumno/a ou libro de familia

- Expediente académico no caso que se solicite praza para un curso distinto de 4º de infantil.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

2. O prazo de presentación de documentación en caso de baremación será de 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar solicitudes de admisión.

3. O prazo de publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos será antes do 26 de abril.

4. O prazo de reclamación será de 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación da lista provisional.

5. O prazo de publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos será antes do 18 de maio.

6. O prazo para formalizar a matrícula será para infantil e primaria do 20 de xuño ata o 30 de xuño, para a ESO será do 25 de xuño ata o 10 de xullo. O prazo extraordinario de formalización de matrícula para a ESO será do 1 de setembro ata o 10 de setembro.

Adxúntase arquivo informando da documentación que deberá presentar no momento de formalizar a matrícula

 

OFERTA DE PRAZAS

Adxúntase arquivo coas prazas dispoñibles para o curso 2021-2022

AdxuntoTamaño
ED550B.pdf686.46 KB
DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA 2021-2022.pdf254.46 KB
VACANTES CURSO 2021-2022.pdf77.08 KB


portada | by Dr. Radut