Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021-2022

No pasado curso 2020-2021 correspondía a renovación parcial do consello escolar do centro. Como conseccuencia da crise sanitaria fíxose necesario o aprazamento.

A resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional establece o calendario para celebrar as eleccións neste curso. Haberá eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar: nais/pais, profesores, alumnos e PAS (persoal da administración e servizos) entre os días 22 e 26 de novembro de 2021.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo consello escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:

do 9 ao 16 de novembro.

Os modelos de presentación de candidaturas dos distintos sectores van nos arquivos adxuntos.

Solicitamos a implicación de todos na formación do Consello Escolar por ser o órgano de goberno a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade escolar.

A Xunta Electoral

AdxuntoTamaño
Presentación candidaturas alumnos CE.doc52.5 KB
Presentación candidaturas pais-nais CE.doc52.5 KB
Presentación candidaturas PAS CE.doc52.5 KB
Presentación candidaturas profesores CE.doc53 KB


portada | by Dr. Radut