Skip to Content

UNHA MAÑÁ TERRORÍFICA

As nenas e nenos de 2º de Primaria celebramos o Samaín con un xogo divertidísimo. Despois de pasar polo taller de maquillaxe para converternos en criaturas terroríficas, tivemos que resolver un misterio! Apareceu na clase una Caixa forte pechada e a receita dunha pócima.

 

Tivemos que esforzarnos moito en varias probas para ir conseguindo os ingredientes. Cando por fin reunimos todos,tachán!! O conxuro funcionou e a caixa forte se abriu,conseguimos gañar o premio!



portada | by Dr. Radut