Skip to Content

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO - CURSO 2023-2024

EDUCACIÓN PRIMARIA e SECUNDARIA.

PRAZO: Ata o 21 de xuño (incluído).

PREFERIBLEMENTE por sede electrónica (Chave 365, DNI electrónico ou Certificado Dixital). UNHA SOLICITUDE por ALUMNO/A.

Formulario: ED330B

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente, na SECRETARÍA do centro.

UNHA SOLICITUDE ÚNICA por FAMILIA.

IMPORTANTE: Non fai falta entregar a documentación que xa se entregou o ano pasado, sempre e cando non cambiase.

Toda a información AQUÍ.

 DOCUMENTACIÓN PARA ACHEGAR XUNTO COS ANEXOS, SE É NECESARIO.

1.- Fotocopia DNI dos membros da familia (se é o primeiro ano que se solicita esta axuda).

No caso de que xa se solicitara o ano pasado, e non houbera cambios, non fai falta achegar nada.

Se non,

2.- Fotocopia do libro de familia (completo).

3.- Certificado de convivencia, se non hai libro de familia ou DNI.

4.- No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

5.- Certificado de discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da familia.

6.- Certificado da pensión de incapacidade permanente, dos graos de total, abosoluta ou gran invalidez.

7.- Documentación xustificativa nos casos de tutela, curatela ou violencia de xénero.

AdxuntoTamaño
Anexos I e II.pdf1.61 MB
OBRIGAS e UNIDADE FAMILIAR.pdf403.54 KB


portada | by Dr. Radut