Skip to Content

A PARTIR DO DÍA 2 DE SETEMBRO ABRIRASE O PRAZO DE ADMISIÓN DE SOLICITUDES DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO PÚBLICO INTEGRADO DA CAÑIZA, PARA COLABORAR VOLUNTARIAMENTE NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2013-2014.

 

As nais, os pais e os/as titores/a legais de alumnos deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2013-2014, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atoparán na secretaría do centro.

Estimados país/nais ou titores/as:

 No pasado mes de Agosto (DOG 13 de Agosto) foi aprobado o novo Decreto que regula os comedores escolares, sostidos con fondos públicos,na Comunidade Autónoma de Galicia que contén as seguintes novidades:

Características dos prezos públicos do comedor escolar

A) Usuario gratuito por:

-Situación socioeconómica de exclusión social

-Pertencer a unidade familiar vítima de violencia de xénero ou terrorismo

-Unidade familiar cunha renda per cápita inferior a 7000€

-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar

-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%

 B) Usuario obrigado ao pagamento de 1€ por día de uso do servizo de comedor motivado por:

-Unidade familiar cun só fillo en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita de 7000,01€ a 8000€

- Unidade familiar con dous fillos en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita de 7000,01€ a 8000€

- Unidade familiar con 3 ou de mais fillos en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita igual ou superior a 7000,01€

 C) Usuario obrigado ao pagamento de 2,50€ por día de uso do servizo de comedor motivado por:

- Unidade familiar cun só fillo en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita de 8000,01€ a 9000€

- Unidade familiar con dous fillos en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita de 8000,01€ a 9000€

 D) Usuario obrigado ao pagamento de 4,50€ por día de uso do servizo de comedor motivado por:

- Unidade familiar cun s ófillo en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita igual ou superior a 9000,01€

- Unidade familiar cun dou sfillos en ensinanza básica obrigatoria e/ou 2º ciclo de educación infantil e renta anual neta per cápita igual ou superior a 9000,01€

 Deberase achegar: -Documentación acreditativa da situación de usuario/a gratuíto/a.

Descarga de documentos:

- Modelo de autodeclaración e especificacións

- Formulario


LISTADO LIBROS DE TEXTO 2013-2014

Este ano abandonan o centro de primaria os nenos e nenas de 6º, e máis rapaces, Anxo Lorenzo, Pablo Álvarez e Jeremy, esperemos que todo vaia ben nos vosos novos colexios. ESPERAMOS VOLVER A VERVOS PRONTO!!

 


Para poder ver a revista, premede nesta ligazón e, a continuación, no botón "VISTA PREVIA".

Os alumn@s de 6º practican con cars e algún invitado tamén...

Os nen@s de 6º de Infantil traballan a Educación Vial. Divírtense aprendendo!


AXUDAS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2013-2014 ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA

XA SAIRON AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA PARA O VINDEIRO CURSO 2013-2014

ENLACE: www.edu.xunta.es/axudaslibros

Para imprimir ou descargar os menús do mes de maio, preme nas seguintes ligazóns:

- Menú escolar

- Menú dieta

- Menú celíaco

- Menú multialérxico

Distribuir contido


by Dr. Radut