Saltar navegación.
Inicio

Actividades complementarias e extraescolares

Entroido 2023

27/02/2023

Publicamos xa algunhas imaxes do pasado Entroido no Feal. Hai un vídeo máis centrado en Infantil e Primaria, e outro co testamento e queima do meco que argallaron en 4° de ESO. Nesta ocasión, atopámonos cun MECOVID, que foi bastante máis duro de queimar do habitual; sen dúbida, unha cepa resistente a do 23. Tamén iremos subindo fotos ao álbum Entroido 2023 da nosa Galería, e ademais, achegamos o testamento 2023 en pdf.

Grazas a toda a xente que axudou dalgún xeito a facer a festa!

Saída de 3º de Primaria á Coruña

25/02/2023

O pasado 15 de febreiro, o noso alumnado de 3º de Primaria estivo de paseo pola Torre de Hércules, e despois disfrutou dun concerto da Banda Municipal da Coruña.

Día da Paz 2023

31/01/2023

O noso equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares organizou este vídeo para celebrar o Día da Paz 2023. Os máis vell@s do lugar atoparán nel numerosos chiscos ao vídeo do noso 40 aniversario.

Acto en lembranza das vítimas do Holocausto

Acto en lembranza das vítimas do HolocaustoPreme para ver máis fotos

29/01/2023

O pasado venres, tivo lugar no salón de plenos do Concello de Narón o acendido de candeas en lembranza das vítimas do Holocausto que se conmemora cada 27 de xaneiro. Ao acto, asistiu o noso alumnado de 4º de ESO. Tes máis información na páxina do Concello en facebook.

Festa Fin de 2022 en Infantil e Primaria

12/01/2023

Keko, o noso profe de Música, envíanos unha nova montaxe; neste caso con imaxes da festa de fin de ano que se organizou para Infantil e Primaria. O último día do trimestre, xa houbo saída ao cine para todos os niveis.

Día da Infancia 2022

02/12/2022

A nosa compañeira Julia, envíanos esta montaxe no que o noso alumnado de Infantil recolle os seus dereitos.

25N 2022

28/11/2022

O noso compañeiro Keko envíanos unha montaxe coas actividades de Infantil e Primaria durante o pasado 25N no Feal. Achegamos tamén a montaxe que nos enviara previamente a nosa compañeira Mari Carmen pola mesma conmemoración; neste caso con imaxes de 3º de Primaria, nas que o propio alumnado pensara situacións cotiás de violencia que hai que cambiar.

Agracecemos tamén a colaboración do Concello de Narón, que instalou unha exposición na entrada do noso centro, con numerosas vítimas españolas de 2022.

Exposición do Concello de Narón

Polo 50 aniversario, o Feal baila en galego

04/07/2022

Aquí tedes a Infantil e Primaria bailando a muiñeira. Grazas aos profes Luis, Manuel (de Música) e Norberto por este festivo vídeo que recibimos hoxe.

A Christmas mistery

15/06/2022

Este curso, os nenos de Infantil e Primaria fixeron un proxecto en colaboración coa protectora Arco da Vella. Queres coñecer a historia de Herba e Rubi? Este é o videoconto que fixeron destas dúas cadeliñas.

Ata o día 22 de xuño, temos aberta a nosa recollida de material para a protectora. Se queredes botarnos unha patiña, podedes traer comida, enseres, empapadores, xoguetes, mantas e toallas que teñades na casa e que non usedes....Moitas grazas por colaborar!!

Andainas da ESO ata Pedroso

Pedroso 2022Preme para ver máis fotos

15/06/2022

Primeiro o noso alumnado de 2º de ESO (o pasado luns), e a continuación o de 3º de ESO (o martes), camiñou desde a desembocadura do río Grande de Xuvia ata o muíño de Pedroso. Foron actividades pensadas para liberar un pouco da presión destas últimas semanas do curso na natureza, e houbo sorte co tempo. Deixamos algunha imaxe da saída de 3º no álbum "Pedroso 2022" da nosa Galería.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido