Novas da Biblioteca de Infantil e Primaria
Actividades para o Día das Letras Galegas
Preme para entrar nas actividades
14/05/2024
A Biblioteca de Infantil e Primaria recompilou varias actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, que en 2024 está dedicado a Luisa Villalta.
Feira do Libro 2024
30/04/2024
Achegamos un vídeo sobre a tarde de portas abertas da Feira do Libro do Feal 2024, e tamén imaxes da mañá no correspondente álbum da nosa Galería. Como sempre, os postos estaban cheos de boas ideas e foi todo un éxito entre o alumnado e as familias.
O Feal nas II Xornadas PROA+ celebradas en As Palmas de Gran Canaria
16/04/2024
O CPI do Feal foi un dos dous centros de Galicia seleccionados para participar nas II Xornadas PROA+ en As Palmas de Gran Canaria. A nosa coordinadora da Biblioteca de Infantil e Primaria, Mari Carmen Balado, presentou o noso centro como exemplo de boas prácticas.
Durante as Xornadas, presentáronse proxectos de investigación académica con relatores internacionais acordes cos obxectivos de PROA+, que nós enfocamos cara a un uso didáctico e pedagóxico da biblioteca escolar.
Suxestións de lectura de Nadal para Infantil e Primaria
19/12/2023
Achegamos unha presentación con suxestións de lectura para este Nadal, feita polo equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria.
Día da discapacidade 2023
30/11/2023
Achegamos unha presentación feita na Biblioteca de Infantil e Primaria, con propostas de actividades para o Día Internacional da discapacidade (3 de decembro).
Samaín 2023 na Biblioteca de Infantil e Primaria
10/11/2023
Achegamos unha presentación coas actividades de Samaín na Biblioteca de Infantil e Primaria: concurso de relatos, contos do gran chef Luigi e a nena da curva para os máis peques, xincana de contos de medo con gafas 3D para os maiores...
Día das Bibliotecas 2023
06/11/2023
Por mor da celebración do Día das Bibliotecas, os corredores de Infantil e Primaria enchéronse o pasado 25 de outubro de "madriñas e padriños" lectores. Pola tarde, foron as familias as que visitaron a biblio de Paco para ler e xogar cos seus fillos. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.
Publicamos xa os resultados da actividade de bookface, (facer unha foto fundindo a imaxe dunha persoa coa da portada dun libro):
Suxestións de lectura para os máis pequenos
13/06/2023
O Equipo da Biblioteca de Infantil e Primaria fixo unha selección de libros para este verán. O próximo curso máis!
III Feira do Libro do Feal
15/05/2023
O pasado 11 de maio, a nosa Biblioteca de Infantil e Primaria organizou a súa III Feira do Libro, que tamén abriu as súas portas ás familias durante a tarde. Subimos unha montaxe de vídeo feita por Keko á nosa canle de YouTube, e ademais algunhas fotos á nosa Galería.
A nosa canteira de contacontos
20/04/2023
Este ano, @s voluntari@s da Biblio de Paco propuxéronlle organizar uns contacontos para os máis peques do cole. Aquí vos deixamos as dúas primeiras entregas, con público de 1º e 2º de Primaria. Icía e Ainhoa contaron o conto "Unha árbore", mentres que Daniela e Marina elixiron "O crocodilo ao que non lle gustaba a auga".
Paco confírmanos que foron un exitazo!!! Xa estamos agardando impacientes os seguintes.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com