Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de anuncios

Fondo libros e axudas de material

22/05/2024

Dende hoxe podedes e ata o día 21 de xuño, podedes solicitar as axudas para libros de texto de 1º e 2º de E. Primaria, o fondo libros de 3º e 4º de E. Primaria e as axudas para compra de material dende 1º de E. Pirmaria a 4º da ESO.

As solicitudes as podedes facer presencialmente no centro cubrindo os ANEXOS I e II e presentado a documentación necesaria, ou ven pola sede electrónica. No seguinte enlace tedes toda a información. https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Alumnado admitido do CRA de Narón no proceso de reserva de praza

20/02/2024

Todo o alumnado que solicitou praza de reserva dende o CRA de Narón, está admitido para o vindeiro curso.

Pódese consultar a lista no taboleiro de anuncios do centro, ou a través da aplicacion de admisión.

Admisión de alumnado curso 2024-2025

15/01/2024

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZAS PARA CENTROS ADSCRITOS (para o alumnado do noso centro de 4º de ESO que queira matricularse no vindeiro curso no IES As Telleiras, no seu Bacharelato):

  • Prazo: do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.
  • Lugar de presentación: secretaría do centro de orixe (CPI do Feal) ou aplicación de admisión con certificado dixital ou chave 365.

SOLICITUDES DE ADMISIÓN (para o alumnado que queira incorporarse no vindeiro curso ao noso centro):

  • Prazo: do 1 de marzo ao 20 de marzo.
  • Lugar de presentación: secretaria do CPI do Feal, ou aplicación de admisión con certificado dixital ou chave 365.

Prohibición do uso dos móbiles durante toda a xornada escolar

08/01/2024

Aínda que no noso centro xa se tomara esta medida anteriormente, a Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 4 de xaneiro cun protocolo que prohibe o uso dos móbiles durante toda a xornada escolar:

"Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos."

Gran festa do deporte no cros celebrado onte no colexio

Cros 2023Preme para ver máis fotos

06/12/2023

Onte, martes 5 de decembro, disputouse no centro o I Cros Escolar Concello de Narón, onde participaron uns 700 nenos e nenas de diferentes colexios da bisbarra. O evento organizado polo Club Atletismo Narón, serviu para festexar o seu 35 aniversario.

A actividade foi todo un éxito de participación e deportividade entre nenos e nenas dos diferentes centros educativos. Esperamos poder albergar no futuro algunha outra actividade similar, dado o entorno privilexiado co que contamos no noso centro.

Noraboa a paticipantes, público e organizadores.

Cros Escolar no CPI do Feal

01/12/2023

O martes 5 de decembro, celebrarase no noso centro o I Cros Escolar Concello de Narón, organizado polo Club Atletimo Narón con motivo do seu 35 aniversario. Colabora na organización o Concello de Narón e Xunta de Galicia.

As carreiras comezarán ás 10:50 horas e prolongaránse ata as 13 horas. O alumnado do noso centro dende 3º a 6º de E. Primaria participará no mesmo, xunto con nenos e nenas doutros centros de Ferrolterra. O obxectivos da actividade son: o coñecemento da disciplina, e o fomentar o deporte a saúde nun entorno educativo.

É importante que o alumnado veña coa roupa adecuada para a actividade e unha muda para cambiarse.

Esperamos que sexa unha gran festa do deporte, xa que contamos cuns 700 participantes.

Modificación do NOF

19/10/2023

En xuntanza do día de onte do Consello Escolar, foi incluído no NOF o seguinte texto: 

No caso de alerxias alimentarias nas aulas:

"Nas titorias que exista alumnado con alerxias alimenticias graves xustificadas documentalmente con informe médico, o equipo docecnte poderá decidir evitar o consumo de substancias que conteñan alérxenos, co fin de garantir a seguridade do alumnado afectado e minimizar o risco de posibles inxestións accidentais, favorecendo unha contorna segura que permita a inclusión de todo o alumnado por igual nas actividades diarias, obviando os aspectos emocionais negativos que implica vivir cunha alerxia."

"Esta medida cando sexa o caso, será comunicada ás familias do grupo afectado, tendo as mesmas a obriga de cumprila."

"A medida será modificada sempre e cando a familia do alumno/a afectado/a pola alerxia, alegue que xa non existe perigo e aporte a documentación sanitaria que o acredite."

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido