Saltar navegación.
Inicio

Educación Física

Gran festa do deporte no cros celebrado onte no colexio

Cros 2023Preme para ver máis fotos

06/12/2023

Onte, martes 5 de decembro, disputouse no centro o I Cros Escolar Concello de Narón, onde participaron uns 700 nenos e nenas de diferentes colexios da bisbarra. O evento organizado polo Club Atletismo Narón, serviu para festexar o seu 35 aniversario.

A actividade foi todo un éxito de participación e deportividade entre nenos e nenas dos diferentes centros educativos. Esperamos poder albergar no futuro algunha outra actividade similar, dado o entorno privilexiado co que contamos no noso centro.

Noraboa a paticipantes, público e organizadores.

Cros Escolar no CPI do Feal

01/12/2023

O martes 5 de decembro, celebrarase no noso centro o I Cros Escolar Concello de Narón, organizado polo Club Atletimo Narón con motivo do seu 35 aniversario. Colabora na organización o Concello de Narón e Xunta de Galicia.

As carreiras comezarán ás 10:50 horas e prolongaránse ata as 13 horas. O alumnado do noso centro dende 3º a 6º de E. Primaria participará no mesmo, xunto con nenos e nenas doutros centros de Ferrolterra. O obxectivos da actividade son: o coñecemento da disciplina, e o fomentar o deporte a saúde nun entorno educativo.

É importante que o alumnado veña coa roupa adecuada para a actividade e unha muda para cambiarse.

Esperamos que sexa unha gran festa do deporte, xa que contamos cuns 700 participantes.

Carreiras 2023

Carreiras 2023Preme para ver máis fotos

27/08/2023

A nosa compañeira Montse Fernández envíanos unha choiva de fotos das Carreiras 2023 do Feal, celebradas o pasado 21 de xuño.

Xornada de Colpbol

24/05/2023

Hoxe xunto cos colexios de Piñeiros, San Ramón de Moeche e Ayala, participarmos nunha xornada de Colpbol, xogo alternativo con moi boa acollida entre o alumnado.

Felicitar a todos os participantes polo seu comportamento.

Campo a través "Xogade"

Xogade 2022Preme para ver máis fotos

21/12/2022

O alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria, participou onte nunha competición escolar de campo a través (no Estadio de Río Seco), organizada dentro do programa educativo Xogade.
Felicitamos a todo o alumnado polo seu comportamento, a entrega e os bos resultados acadados.

Torneo de fútbol 2022 na ESO

06/06/2022

Nos recreos das últimas semanas deste curso, está habendo un ambientazo co torneo de fútbol organizado polo alumnado de 4º de ESO. Dez equipos moi equilibrados (con compoñentes de todos os cursos da ESO, e incluso profes), están competindo para chegar á final que probablemente teña lugar o 21 de xuño.

De momento, deixamos aquí unha pequena reportaxe da xornada do 3 de xuño (coa victoria do Equipo 9), pero contamos con poder gravar a gran final completa. Non vos perdades as últimas xornadas, e moito coidado coa "neve" de chopo.

Grazas á organización pola súa colaboración con esta web!

Actualización do 30/06/2022 con imaxes da final:

Plogging no Feal

Plogging 2022Preme para ver máis fotos

10/05/2022

O plogging é unha actividade que leva uns anos difundíndose para combinar deporte e ecoloxía. Trátase de correr e aproveitar para recoller o lixo abandonado que vas atopando.

Pois ben: o noso alumnado de 2º de ESO estivo recentemente practicando esta actividade (dentro da materia de Hábitos saudables), dividíndose en equipos especializados en diferentes tipos de residuos, e despois facendo un traballo de investigación sobre eles (que quedou recollido nun póster).

Enquisa sobre actividade física no Feal

2º de ESO B 2021-2022Preme para ver máis fotos

25/03/2022

Durante o segundo trimestre, o alumnado de 2º de ESO traballou nunha enquisa sobre actividades físicas e prácticas sedentarias, dentro da materia de Promoción de hábitos saudables (co profe Julián), e recollendo datos de todo o alumnado e profesorado da ESO. As gráficas resultantes foron expostas na entrada do noso centro, e estas son algunhas das conclusións:

  • A actividade física intensa vai decrecendo coa idade, ao tempo que van crecendo as prácticas sedentarias.
  • As actividades físicas intensas e nos recreos son menores no alumnado feminino.

Surf 2021

Surf 2021Preme para ver máis fotos

25/06/2021

O pasado 22 de xuño, un grupo de 4º de ESO foi surfear pola praia de Pantín en compañía de Víctor, Juan e Marisa. Foi por tanto a última saída da nosa Promoción 2021, nun curso onde non foron posibles grandes viaxes como remate da ESO. Para a maioría do grupo foi o seu bautismo surfeiro, pero na foto tamén podedes ver a unha verdadeira experta (Martina). Deixamos outras das fotos que nos enviou Marisa no álbum "Surf 2021" da nosa Galería de Imaxes.

Pequena homenaxe á primeira liña sanitaria

Julio Zanfaño OngilPreme para ampliar a imaxe

08/04/2020

Para que a nosa páxina principal non estea chea de información administrativa durante este tempo, achegamos unha pequena banda deseñada por un profe de Educación Física (Julio Zanfaño), que fai unha pequena homenaxe ao persoal sanitario.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido