Saltar navegación.
Inicio

Infantil

A casiña de Infantil

Casa de NadalFai clic para ampliar a foto

10/12/2015

Amosamos a casiña que apareceu estes días no corredor de Infantil para ir dando un pouco de ambiente de Nadal. Na foto, podedes ver a algúns dos nenos e nenas do grupo de 5 anos.

Visita de Infantil a Aldea Nova

Infantil en Aldea Nova

Fai clic para ver mellor aos peques

29/10/2015

Publicamos as imaxes recibidas da recente visita de Educación Infantil a Aldea Nova. No caso do vídeo gravado cun móbil, chéganos sen son.

 

Festa dos Maios 2015

Festa dos Maios 2015

Fai clic para ver máis fotos

07/05/2015

As profes de Infantil Paula e Sandra envíannos estas imaxes (fixas e en movemento) da festa dos Maios que celebrou hoxe o noso alumnado de Infantil, coa axuda de dúas monitoras do Concello de Narón.

A luz do Nadal

16/12/2014

Aquí tedes un novo vídeo de Nadal. Neste caso feito pola mestra Paula Neira, e que recolle a interpretación dunha panxoliña de Mamá Cabra interpretada polos diferentes grupos de Educación Infantil.

Obradoiro de cabazas para Educación Infantil

05/11/2014

As nosas compañeiras de Infantil enviáronnos este simpático vídeo que recolle un obradoiro para elaborar cabazas por Samaín. Moitas grazas polo material!!!!

Fotos dos bombeiros e do magosto

24/11/2010

Xa podedes disfrutar de dous novos álbumes de fotos na nosa Galería:

Esperamos que sexan do voso agrado!

Aportación de material

08/11/2010

Lembrámosvos que esta semana espéranos moito choio (a esfolla o mércores, o teatro o xoves e o magosto o venres) e para elo necesitamos que as familias aporten o seguinte material:

  • ESFOLLA: Espiga (a poder ser con follas).
  • TEATRO: 2€ para a entrada ó teatro.
  • MAGOSTO: un cartón de leite limpo (para facer o cestiño das castañas), unha culler de plástico, un tubo de cartón (do papel do baño) e un puñadiño de castañas (3 ou 4).

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!

O blog de Infantil do CPI do Feal

03/11/2010

O mestre Roberto estivo a traballar moito e creou este blog para que todos poidades seguir de cerca as nosas andainas:

http://infantilcpidofeal.blogspot.com

Esperamos que sexa do voso agrado e que poidamos compartir moitas experiencias ó longo deste curso.

De rúa en rúa...

De rúa en rúa...
Fai clic para ver o vídeo

Natalia Villar, 12/06/2009

Os membros do grupo de traballo "De rúa en rúa...", na nosa despedida, queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade escolar e do Concello de Narón na elaboración e participación nas distintas actividades. Nos próximos días, pasaremos polas aulas de Primaria e Infantil a entregarvos un pequeno agasallo.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo que resume o noso traballo. MOITAS GRAZAS A TODOS e recordade: de rúa en rúa...seguros é mellor!!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido