Skip to Content

Inicio do procedemento de admisión para o curso 2024-25: fase de reserva de praza en centros adscritos

O día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (código ED550A), coa fase de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

 

Deberán formalizar a reserva de praza:

 

  • alumnado do CRA de Coristanco-Santa Comba (no que se integra a Escola de Lañasque desexe cursar 1.º de Primaria ou 3.º de Primaria no CPI de San Vicente.

 

  • alumnado de 4.º ESO do CPI de San Vicente que desexe cursar 1.º BAC no IES Xulián Magariños (Negreira).

 

O resto do alumnado de momento non ten que realizar ningún trámite.

 

O prazo de solicitudes é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

 

O formulario normalizado será facilitado na administración do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación Admisionalumnado (Solicitudes>Reserva>Crear), e na páxina web da Consellaría de Educación. Deberá ser presentado ou ben electronicamente, ou ben de forma presencial no centro de orixe.

 

As listaxes de alumnado admitido publicaranse antes do día 22 de febreiro e estarán dispoñibles no taboleiro do centro e na aplicación Admisionalumnado.

 




Información para solicitar o Bono Deporte

Estimadas familias,

Para solicitar o Bono Deporte para as súas fillas e fillos terán que entrar no enlace (https://www.bonodeporte.gal/). Ao introducir os datos do neno ou nena pediranlles o identificador xogade que pode solicitar o alumnado no centro educativo.




Decoración de Nadal

Así de ben quedou o colexio despois de toda a decoración que trouxo o alumnado.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Bo Nadal e felices festas!

 


Ficheiros adxuntos:


Elaboración de tartas

O pasado venres o alumnado de 1º e 6º de Educación Primaria puxéronse máns á obra (e o traxe) para tentar ser uns bos cociñeiros e cociñeiras!
Xuntos e xuntas elaboraron as tartas da avoa que serían o postre para o alumnado do comedor.
E non deberon saír nada mal…. xa que non quedou nin un anaco!

 


Ficheiros adxuntos:


Mural contra a violencia de xénero en Educación Infantil

Hoxe, 24 de novembro, o alumnado de Educación Infantil recibiu a visita de 4 usuarios da Fundación de Discapacitados Psíquicos da comarca da Barcala e realizou con eles un obradoiro de pintura mural contra a violencia de xénero. 

Unha fermosa actividade de empatía, traballo en equipo e creatividade que deu como resultado o fermoso mural que adorna a entrada das aulas de Infantil. 

 




Consellos para familias: Cando e como darlle un smartphone ás túas crianzas?

Cada vez máis estudos demostran que un acceso temperá e incontrolado ás pantallas pode producir problemas de aprendizaxe e de relacións sociais entre os menores. 

Tede en conta os nosos consellos e os de a Fundación Meniños:  




O noso comedor escolar súmase ao programa Come Local

O noso comedor escolar súmase á campaña Come Local 2023 organizada por Slow Food Compostela e que nos ofrece formación e asesoramento para promover os produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade nos comedores escolares. 




O noso Samaín

Estreamos tempada de podcast neste curso 2023-2024 co relato O noso Samaín, de Loretta Birott Bermejo e ilustrado por Nuria Valdeón Balsas para a editorial Galaxia. 

Un conto narrado polo alumnado de 3º de Primaria. 

 




ORIÉNTATE!!

Nesta ligazón podedes acceder á web de Oriéntate!. Toda a información sobre os teus futuros estudos: modalidades de bacharelato, ciclos de formación profesional, grados universitarios, ensinanzas especiais e moito máis.

Clica na imaxe para acceder:

 




Distribuir contido


by Dr. Radut