Skip to Content

Actividades de Outono

 

Como despedida do verán e acollida do outono, o Equipo de Dinamización Lingüística ten previsto realizar unha serie de actividades a finais deste mes de Outubro.

As actividades programadas serán as seguintes:

- Exposición de composicións artísticas realizadas con productos do outono (cabazas, castañas, landras, noces, espigas, bugallos …). Poderán achegalas entre o 23 e o 27 de Outubro, excepto as que sexan con cabazas que só se poden achegar o día 30 e 31.

- Certame de relatos curtos de medo. (Ver documentación anexa).

- Recompilación de receitas nas que se empreguen produtos do Outono.(Ver documentación anexa).

- Celebración do Magosto e Samaín o día 31 de Outubro. Este día gozaremos dunha xornada lúdico-festiva na que asaremos castañas e realizaremos diferentes obradoiros ambientados no outono. Por iso, precisamos que o alumnado traia unha manchea de castañas picadas para o día 30. 


Ficheiros adxuntos:


IMPORTANTE: INSTRUCIÓNS DE ENTRADAS E SAÍDAS PERÍODO DE OBRAS

Por mor das obras de rehabilitación das fachadas dos edificios de Infantil e Primaria, que non estarán rematadas para o día 11 de setembro de 2023, a organización das entradas e saídas ao centro escolar veranse modificadas segundo se vos informa no documento adxunto. 

No mesmo documento están recollidas tamén indicacións relacionadas co comedor, o servizo de madrugadores e as actividades extraescolares. 

Para calquera dúbida ou aclaración, as familias ñpoden comunicar coa dirección do centro a través do teléfono ou correo electrónico. 

Pregamos ás familias comprensión e paciencia nestas primeiras semanas, pois estes pequenos inconvintes compensarán, unha vez que a obra estea rematada, e o noso cole estará completamente renovado. 

 

 


Ficheiros adxuntos:


Publicación de listaxes definitivas de Fondo Libros e emisión de vales para libros e material escolar

Hoxe publícase a listaxe definitiva de alumnado beneficiario do préstamo de libros de texto de Fondo Libros (3.º e 4.º de Primaria), que pode consultarse no taboleiro do centro e máis na aplicación da Consellaría. Nelas pódese ver tanto o número como as materias dos exemplares asignados.

Por outro lado, a partir de mañá martes 11 poden recollerse na administración do centro os vales para material escolar e para libros de texto (1.º e 2.º de Primaria e alumnado con NEE).

 




APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NA ATENCIÓN DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 23-24

Dende hoxe ata o 8 de setembro permanecerá aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024. 

Poderán desenvolver esta tarefa: 

  • nais, pais, titores legais ou acolledores familiares de alumnos/as que estean cursando no curso 2023-2024 estudos no centro docente respectivo. Estas persoas non poderán desempeñar as funcións de colaboración no comedor durante dous cursos escolares consecutivos.

 Ou, con carácter excepcional, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número

suficiente:

  • outros familiares dos alumnos comensais,  ex-colaboradores deste servizo,  persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así  como  persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs).

 As persoas interesadas en colaborar co comedor escolar deberán presentar a súa solicitude na administración do centro ou enviala por correo-e a cpi.san.vicente@edu.xunta.gal antes do 8 de setembro de 2023.

 As listas provisionais de seleccionados pecharanse no momento no que se cubra o número de colaboradores necesarios e o Consello Escolar aprobe a súa idoneidade.

 O importe do complemento por servizos extraordinarios que percibirá o persoal docente e non docente do centro ou da compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar (nais, pais titores legais ou acolledores familiares do alumnado), será  de 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor, con independencia do número de quendas de comedor existentes.

 Para máis información sobre as instrucións relativas ao comedor escolar no curso 2023-2024, pódense consultar as Instrucións de comedores de Xestión Directa para o curso 2023-2024, no documento adxunto. 




Autodeclaración comedor escolar curso 2023-2024

Xa está a disposición das familias o impreso de autodeclaración para o comedor escolar. 

Nos arquivos adxuntos tedes as instrucións de comedor para o curso 23-24, o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar. 

Pregamos que as familias entreguen o impreso no centro, de xeito presencial ou a través de correo electrónico (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) antes do 31 de xullo, para a adxudicación de prazas e a organización do comedor. 

 




Publicación das listaxes provisionais de Fondo Libros (3.º e 4.º de Primaria)

Hoxe publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da participación do fondo solidario de libros de texto, que no noso centro só afecta a 3.º e 4.º de Primaria.

Todas as solicitudes foron admitidas, aínda que algún solicitante recibe 0 libros. Podedes consultar a listaxe a través da aplicación Fondo Libros, ou no taboleiro do centro.

O prazo de reclamacións é de 2 días hábiles, é dicir, os días 4 e 5 de xullo.

A listaxe definitiva publicarase o día 10 de xullo, xunto coa lista de beneficiarios das axudas de material escolar. Os vales poderanse recoller a partir do día 11 de xullo.




Libros de texto curso 2023-24

Publícanse as listas de libros de texto para o vindeiro curso, que poden consultarse no taboleiro do centro e nos arquivos anexos.

Para Ed. Infantil non se estableceu material didáctico impreso.

Atención! Para a ESO e algúns cursos de Primaria recoméndase esperar a setembro para comprar os libros, confirmando co profesorado se se van utilizar ou non. Vai indicada a recomendación nas propias listas dos cursos afectados.


Ficheiros adxuntos:


Distribuir contido


by Dr. Radut