Skip to Content

contador gratis para blog

Conto contigo desde a casa


#ContoContigo desde a casa

Debido á situación de pandemia que asolaga ao planeta e que nos impide acudir ao noso benquerido Cole de Cea a aprender un feixe de cousas e gozar cos nosos compañeiros e compañeiras, cavilamos desde o Equipo de Tics, o Equipo de Biblioteca Biblioteca Ramón Caride e o Equipo de Dinamización Lingüística que os membros da comunidade escolar poderiamos achegar contos, poemas, historias, textos divulgativos, etc.

Farémolo así:

1 Preferentemente en galego e poderanse empregar todos os recursos que se queiran para adobiar a gravación (vestimenta, efectos, música etc.)

2 Grava un vídeo no que saias ti ou a túa voz contando un conto, un poema, compartindo un texto divulgativo etc. (duración máxima 5 mins.)

3 Envíao a través da plataforma We transfer ao enderezo electrónico: ticscea@gmail.com

4 Compartirémolo nos perfís do cole para que chegue a moitos recunchos do planeta.

Así pois animádevos a enviar os vosos videos para poder compartilos e facer que aínda que sexa virtualmente, nos sintamos máis preto.

Moito ánimo #contocontigo.

Grazas, grazas, grazas

Dende o equipo directivo do CPI Virxe da Saleta informamos que o venres 3 de abril remata o trimestre e comezan as vacacións de Semana Santa, como se contempla no actual calendario escolar. A actividade non se retomará  ata o martes día 14 de abril. Aínda non se dispón de información relativa á organización da actividade lectiva durante o terceiro trimestre.

Dadas as circunstancias excepcionais que estamos a vivir a entrega de cualificacións correspondentes a este segundo trimestre non se realizará do modo habitual senón que serán trasladadas ás familias a través do servizo ABALAR Móbil. Aquelas familias que non dispoñan deste servizo, poden solicitar o envío das cualificacións a través de correo postal ou e-mail, chamando ao centro ou na dirección de correo electrónico  cpi.saleta.sacristovo@edu.xunta.es.

Queremos aproveitar para salientar o esforzo, preocupación e compromiso que está a amosar o alumnado, as familias e o equipo docente nesta situación tan complicada. 

Especialmente queremos enviar unha aperta agarimosa a todas as alumnas e alumnos. Botámosvos moitísimo de menos e estamos desexando poder atoparnos de novo no noso Cole de Cea.

AVISO IMPORTANTE. AXUDAS DE CARÁCTER DIRECTO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR .

 

En relación ás axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor  escolar  nos  centros  públicos, lembramos que na medida do posible, a presentación das solicitudes deberá facerse a través da sede electrónica da Xunta, podese acceder  a través desta ligazón:

ED601B - Ayuda extraordinaria comedores escolares.

Aquelas familias que non consigan solicitar a citada axuda a través da sede electrónica, deberán proporcionar ao centro os seguintes datos:

- Nome, apelidos e curso dos alumnos/as beneficiarios da axuda.

- Número de conta bancaria na que se quere recibir a axuda (IBAN).

Nome e apelidos do titular da conta (TEN QUE SER NAI/PAI/OU TITOR LEGAL DO ALUMNO)

       Para enviar estes datos, todas as familias recibirán unha mensaxe polo ABALAR Móbil. Deberán responder á mensaxe incluíndo os datos nela.

       As familias que non reciban a mensaxe ou teñan dificultades para responder, poden chamar ao teléfono do centro en horario de 10 a 13, ou escribir a cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.es

Axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

A Xunta acaba de publica a ”ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor  escolar  nos  centros  públicos  non  universitarios  xestionados  por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia  do  COVID-19,  co  levantamento  dos  prazos  de  suspensión  do procedemento (código de procedemento ED601B)”, que a podedes ver no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf.

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

Para estes efectos, determínase que o prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.

Respecto dos seus efectos temporais, esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

A presentación das solicitudes deberá facerse a través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA

e poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Soamente nos casos que sexa imposible para as familias facer esta solicitude  a través da sede electrónica e que así o acrediten, poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude.  Para estes casos, publicarase nos vindeiros dias o precedemento a seguir.

O prazo para presentar as solicitudes comeza o día 31 de marzo de 2020 e remata o 6 de abril de 2020, ambos os dous incluídos

Nunca choveu que non escampara

Dende a AULA de PT de Educación Infantil e Primaria, do CPI Virxe da Saleta, en coordinación con todo o profesorado do centro, propoñen unha tarefa voluntaria para o alumnado, en colaboración coas familias. A mesma, será para realizar dende o día de hoxe ata o 30 de marzo de 2020:

Como xa sabedes, esta situación que estamos a vivir é novedosa para todos nós, polo que propoño unha tarefa artística para levar ben estes días na casa. 

Imos debuxar un paraugas coas cores do arco da vella. O traballo realizarase en calquer soporte: obxectos de casa, folio, cartulina, cartón e do tamaño que queirades. Ponlle  como título: #NuncaChoveuQueNonEscampara #ColedeCea.

Por último fai unha fotografía do traballo e envíaa ao correo electrónico que indicamos na mensaxe do ABALAR. Publicaremos os debuxos para que o alumnado poida compartir o seu traballo, cheo de alegría e optimismo, co resto dos compañeiros.

Grazas a tod@s pola vosa colaboración.

Un saúdo.

Información para toda a comunidade educativa

Debido ao actual estado de alarma decretado, o CPI Virxe da Saleta permanecerá pechado á atención ao público os vindeiros 15 días. Para comunicar calquera incidencia ou consultar dúbidas poden utilizar as seguintes canles: Teléfono: 988282169, en horario de 10:00h a 13:00h. Correo electrónico:  cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.es

Os prodecementos de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2020/21 quedan paralizados, interrompéndose o prazo para a presentación de solicitudes. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o estado de alarma ou as prórrogas deste.

Lembramos que a principal canle de comunicación entre profesorado e familias será o espazo ABALAR. 

O profesorado establecerá unha comunicación periódica con tarefas para o alumnado. É moi importante que todas as familias estean dadas de alta neste medio. Se tedes dúbidas ou problemas para conectarvos, podedes escribir un correo a tisccea@gmail.com ou chamar por teléfono no horario indicado.

Información para as familias: indicacións para os vindeiros días.

Debido á nova situación na que nos atopamos, e tal e como indica a Consellería de Educación, cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, debe establecer un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.

Atendendo a estas indicacións, dende o CPI Virxe da Saleta establecemos as seguintes canles de comunicación:

- Comunicacións xerais de centro, a través na nosa web, facebook e twitter.
- Comunicacións do titor ou profesor coas familias, vía telemática, a través da aplicación ABALAR MÓBIL.

Recomendamos a todas as familias que non teñan a aplicación instalada que a descarguen e a instalen nun dispositivo móbil. 

DESCARGA ABALAR PARA ANDROID

DESCARGA ABALAR PARA IOS

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Nas seguinte ligazón atoparedes un manual de instalación e uso para as familas.
Manual para as familias

As titorías faranse via telefónica, previa cita. Preferentemente se solicitará a titoría a través da aplicación ABALAR MÓBIL, ou se esto no fose posible, no teléfono do centro 988 28 21 69 en horario de 10.00h a 13.30h.

Calquera outra dúbida, no mesmo número e co mesmo horario.
Grazas a todos pola colaboración.

Información importante a familias

IMPORTANTE
A TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DO CPI VIRXE DA SALETA
A dirección do Centro, atendendo as directrices recibidas por parte da Inspección Educativa da Consellería de Educación, informa de que mañá venres a asistencia a clases por parte do alumnado será voluntaria.
Por este motivo no Centro supéndense dende mañá exames, e clases dos programas Refórza-T e PRELIN.
Asimesmo comunicamos que dende o luns os centros educativos estarán pechados para o alumnado ata novo aviso.
Pregamos que estean atentos á pax web, facebook ou prensa.
O Equipo Directivo

Queremos ser o teu cole

 

Queremos ser o teu cole!

O Cole de Cea está listo para recibir novo alumnado e novas familias.

Solicita a túa praza entre o 1 e 20 de marzo a través da sede electrónica da Xunta ou na secretaría do centro.
O martes 3 de marzo de 15h a 17h recibímoste coas portas abertas e contámosche todo o que agarda por ti se queres formar da nosa Comunidade Educativa. E estes son os nosos motivos.

Instalacións

- Aulas amplas e todas dotadas de ordenador e encerado dixital interactivo.

- Dúas aulas de Informática, unha aula de inglés, dúas aulas de Pedagoxía Terapéutica e unha aula de Audición e Linguaxe.

- Departamento de Orientación para Ed. Infantil, Ed. Primaria e ESO.

- Laboratorio de ciencias.

- Taller de Tecnoloxía e Aula de Plástica.

- Ximnasio e Polideportivo.

- Espazo de convivencia.

- Amplas zonas deportivas e de lecer.

- Patio de Ed. Infantil pechado e con mobiliario axeitado e areeiro.

- Biblioteca escolar Ramón Caride con programación propia e organización de diferentes actividades.

- Recuncho lector.

- Horto escolar.

Niveis e horarios

Niveis educativos: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

Horario do centro: 

Luns e martes de 9:30 a 16:40 h.

Mércores, xoves e venres de 9:30 a 15:50 h.

Servizos

- Comedor con cociña de xestión directa.

- Almorzos no cole: almorzo e custodia dende as 7:15 h.

- Actividades extraescolares ofertadas e xestionadas pola AF.

- Programa Reforza-T de 3º EP a 2º ESO ao finalizar a xornada escolar.

- Programa PRELIN, para 3º e 4º de ESO ao finalizar a xornada escolar.

- Saídas pedagóxicas e culturais (teatro, cine, exposicións, visitas…) en todos os niveis, programadas por trimestres.

- Organización de charlas temáticas para toda a comunidade educativa. 

- Celebracións abertas a toda a comunidade educativa (O Noso Nadal, Entroido, O Serán do Cole de Cea…)

 Proxectos de Centro

- Cole polo clima – Reciclamos o Noso Futuro.

- Proxecto ContoContigo.

- Plan Proxecta.

- Escola Titiriteira – Nas nosas mans, monicreques na aula.

- Radio escolar: Radio Roxar.

- Taller de canto coral e participación do alumnado en eventos como Ourencanto.

- Animación á lectura: Hora de Ler (Infantil e Primaria) e Club de Lectura (ESO).

Obxectivos permanentes de centro:

- Obxectivo FALAMOS BEN

- Obxectivo BOAS MANEIRAS

- Obxectivo EMOCEANTE

 E ademais:

- Moi bo ambiente de estudo e convivencia.

- Grupos reducidos.

- Excelente preparación e gran porcentaxe de éxito en etapas posteriores (Bacharelato, ciclos de Grao Medio e Superior).

- Ferramentas STEM: Robótica, Impresión 3D e Programación.

- Fomento do uso das TICs.

- Produccións audiovisuais (Un día, 50 anos, O Cole que mola, A lingua sabe a pan, Os xeranios do Sr. Alfonso, Cóntame e cántame avoa, Unha cuestión de educación…)

- Fomento de hábitos saudables e deportivos. Participación en competicións deportivas (Xogade)

- Participación destacada en certames nacionais e internacionais:

- Finalistas Rally Matemático Toulousse 2019.

- Finalistas Olimpiada de Historia.

- Diversos Premios en festivais de creación audiovisual nacionais e internacionais (Os Xeranios do Sr. Alfonso).

- Fomento das comptetencias e autonomía do alumnado, que participa activamente na organización do centro, asumindo responsabilidades e xestionando actividades.

 + Información

 

Información de matrícula

Información Matrícula Curso 2020/2021

Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Calendario que se establece para o proceso de admisión do alumnado no curso 2019/2020:
• Reserva de praza para un centro adscrito 1 ao 15 de febreiro.
• Publicación de postos escolares vacantes, antes do 1 de marzo.
• Solicitude de Admisión do 1 ao 20 de marzo (previsión transporte escolar).
• Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo do 22 de marzo ao 5 de abril.
• Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 25 de abril.
• Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio.
• Formalización de matrícula en Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño
• Formalización da matricula en ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo
• Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato do 1 ao 10 de setembro.

Información Importante

1. Os Anexos I (reserva de praza nun centro adscrito) e Anexo II (solicitude de admisión) poderanse presentar a través da aplicación informática “admisionalumnado

2. Os alumnos que xa están matriculados neste Centro teñen, automaticamente, a reserva feita para o próximo curso 2020/2021. O único trámite que terán que facer será a formalización de matrícula a partir do 20 de xuño.

3. O alumnado ten garantía de permanencia nun centro, e se presenta solicitude noutro distinto ao que está, debe comunicalo ao centro de orixe.

4. No caso de solicitar a admisión noutro Centro para o próximo curso, deberá facer a solicitude de admisión en dito Centro no prazo establecido a tal efecto e presentar unha copia de dita solicitude nesta Secretaría.

5. Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

6. O Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo. (Presentar cumprimentado o Anexo II, copia do Libro de Familia e certificado do Expediente Académico se é o caso)

7. Despois do prazo de admisión publicaranse as distintas listas de admitidos/as, número de prazas ofertadas e datas para a formalización de matrícula, así como calquera outra información necesaria.

Podes descargar esta mesma información no seguinte PDF

INFORMACIÓN MATRÍCULA CURSO 2020/2021

Distribuir contido


by Dr. Radut