slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. 2024-2025

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 A quen vai dirixido?

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  •        Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
  •        Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  •    Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

Prazo

 

Prazo de presentación: ABERTO

21/05/2024 - 21/06/2024

 

Documentación para a presentación:

 *     Presentar unha única solicitude (aínda que sexan 2 ou máis irmáns solicitantes escolarizados no mesmo centro). ANEXO I

*      ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).Asinado por todos os membros da unidade familiar.

*      No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno, ainda que estean no mesmo centro.

*     Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno ou alumna e os demais membros computables da unidade familiar

*      No caso de que o pai/nai ou titores ou titores legais carezan de DNI: certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais onde resida a familia.

*    En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

ACHEGAMOS O ANEXO I E II PARA DESCARGAR (ao final da páxina) 2 ADXUNTOS

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ED330B (anexo I e anexo II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O PRAZO REMATA O 21 DE XUÑO.

Horario do centro para as solicitudes: 09:30 a 14:30h.

BECAS MEC

Convocadas Becas MEC para o alumnado de necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo para facer a solicitude é dende o día 8 de maio ata o 20 de setembro.

ENVIO DA BECA:

No noso centro educativo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A través do formulario accesible por internet no seguinte enlace https://sede.educacion.gob.es/portada.html

Na sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes  

ADMISIÓN DEFINITIVA DO ALUMNADO CURSO 2024/25

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS PARA O VINDEIRO  CURSO FORON ADMITIDAS

POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2024-2025

Os postos escolares ofertados para o curso 2024 / 2025 son os seguintes:

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024/2025

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN:

 

- Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolveo Decreto 13/2022, do 3 de febrero, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes.

 

 

SOLICITUDE

 

 

Presentaraseunha única solicitude de admisión na administración do centro. Impreso de solicitude: ANEXO II. Pódese descargar aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisionalumnado.

 

 

* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

 

 

1. Fotocopias do libro de familia completo.

 

2. Certificado de matrícula (en caso de vir de cursar estudosnoutro centro educativo). O alumnado de gardaría non ten que presentar ningún certificado.

 

3. Informe médico.

 

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

 

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

 

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

 

7. Tres fotografías tamaño carné.

 

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicialou divorcio, de ser o caso.

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

 

- se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidancorresponderlle.

 

- A solicitude deberá ser asinada polos dous titulares da patria potestade. Será preciso a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestadelle fose atribuída a un deles exclusivamente).

 

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

 

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintesao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer