Festas, conmemoracións e saídas

O CRA Boqueixón Vedra "Neira Vilas" na Cidade da cultura

Unha vez máis sentimos fachenda do noso CRA en xeral e do noso profesorado e alumnado, en particular.

O pasado venres alá fomos ata a Cidade da Cultura para expoñer os nosos lenzos, das poesías de Neira Vilas e a súa dona, Anisia Miranda. Nesta ocasión con motivo da entrega do premio "Arume", de poesía para a infancia, da Fundación Neira Vilas.

Colocamos os lenzos e os asistentes escoitaron con atención a explicación do proceso, por parte do noso mestre Antonio, que moi emocionado convidou a todos e todas a escoitar as poesías grazas aos código QR que levaba cada lenzo integrado.

Obradoiro da ONCE con Cris e Carmen

O 3 de Decembro celébrase o día internacional das persoas con discapacidad, Con motivo desta conmemoración e grazas a Cristina e Carmen, da Fundación ONCE, coñecemos de primeira man, como facer para que unha persoa con déficit visual viva o seu día a día do xeito máis normalizado posible.

Carmen ensinounos como manexar o bastón. Cristina indicounos a mellor forma para guiar a estas persoas e a importancia que ten ter todo recollido ou os perigos que se poden atopar na rúa.

Trouxéronnos diferentes elementos que facilitan o día a día, como unha máquina que recoñece as cores, con tan só acercala á cor. Puidemos ulir rotuladores que nos recordan a algo que sexa de esa cor, como o vermello, que ulía a fresa ou o amarelo, que ulía a limón e así, descubren a cor que ten cada rotulador.

Por outra banda, coñecemos a Braille e o alfabeto que el mesmo inventou e grazas ao que a xente con déficit visual pode ler. Para iso, achegáronnos libros, bonecos cos que aprender este alfabeto, un aparello co que poder escribir e mesmo nos agasallaron co nome de cada neno e nena escrito en braille.

Ademais de desfrutar cos contos, xogamos con un lego en braille e con unha pelota con cascabel que lles axuda a tela localizada, grazas ao son que fai.

Antes de marchar, agasalláronnos con un balón hinchable da ONCE e un bolígrafo.

Como recordo do CRA, levaron todo o noso cariño e agradecemento. A nosa coordinadora de convivencia e benestar, fíxolles entrega dunha bolsa co logo do CRA, elaborada de xeito artesanal por unha artista como é "Lupe, artes decorativas", veciña de Vedra e na que se podía ler o nome de cada unha. Ademáis engadimos unha tarxeta de agradecemento que Carmen leu ante a ilusión de todos e todas.

Non nos cansaremos de agradecer a estas amigas a atención, paciencia e cariño co que chegaron a todas as escolas. Grazas mil!!

Visita de AMABUL

O pasado 29 e 30 de novembro contamos coa visita nas nosas escolas de Miriam, unha das voluntarias da asociación medioambiental AMABUL.

Dita asociación pretende difundir e concienciar acerca da importancia de mellorar e recuperar os espazos naturais da nosa contorna.

Así, Miriam falounos das especies exóticas invasoras que invaden os nosos montes, ríos e demais espazos naturais e que ocasionan graves danos na fauna e flora autóctona.

Entre ditas especies invasoras coñecemos o plumacho ou herba da pampa, o eucalipto e a Tradescantia fluminensis (herba da fortuna).

Acerca desta última, aprendemos que medra nas ribeiras do río Ulla espallándose moi rapidamente e ocasionando a perda da diversidade vexetal autóctona debido a que crea un gran manto que impide a chegada de luz solar ao resto das especies.

Por outro lado, tamén identificamos especies autóctonas como o carballo, o castiñeiro, o acivro e o loureiro. Estas son as que debemos coidar e protexer! Destacando a importancia do acivro o cal xa queda moi pouco...

Moitas grazas AMABUL! Agora os nenos e nenas do CRA Boqueixón Vedra Neira Vilas xa estamos preparados para eliminar as especies exóticas invasoras e apostar pola rexeneración das especies autóctonas.

 

 

HOMENAXEANDO A NEIRA VILAS

Un ano máis, en Novembro, quixemos homenaxear ao noso querido Neira Vilas, un amigo que nos visitou nas nosas escolas e a quen visitamos nós tamén.

Este mes sempre é especial, xa que foi cando naceu e tamén no mes que nos despedimos de el. Por iso, sempre facemos algo moi especial para telo presente.

Nesta ocasión decidimos traballar varias das súas poesías e tamén as da súa dona, Anisia Miranda. A continuación, pareceunos ben ilustralas e plasmar a nosa imaxinación en lenzos, para logo facer unha exposición con todos eles e que os puidérades gozar.

Cada escola escolleu a técnica a empregar e como as nosas familias sempre colaboran en canta cousa nos propoñemos, ata houbo mamás artistas que nos axudaron nesta iniciativa.

Como a nosa cabeza non para, quixemos que cos nosos traballos, puidéramos axudar a alguén e deste xeito, puxémonos en contacto cos servizos sociais dos nosos Concellos. Falando coas traballadoras sociais, estiveron de acordo en que lle entregásemos productos non perecedeiros, para poder axudar a algunha familia dos nosos concellos.

Deste xeito durante 2 fins de semana a exposición puido visitarse, primeiro en Gres e logo Lestedo. Cadaquén trouxo o que considerou e o recaudado levámosllo a Boqueixón e Vedra para que llo fixeran chegar a quen consideraran.

Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver o proceso desta iniciativa. Pola nosa parte, non podemos estar máis orgullosas, orgullosos e agradecidos/as polo resultado final. 

Unha vez máis, grazas familias pola vosa colaboración!!

 

EXPOSICIÓN SOLIDARIA EN LESTEDO

Este pasado sábado inauguramos a nosa exposición de poemas de Neira Vilas e Anisia Miranda na súa casa, na Fundación Neira Vilas. Esta semana coincide que a Fundación está pechada por vacacións. Poderedes gozar das obras dos nosos/as artistas o sábado 2 e o domingo 3 de decembro, en horario de mañán, no baixo do local do campo da feira, de Lestedo. Agardámosvos!! e lembrade que a entrada é de balde pero convidámosvos a que traiades algún producto non perecedeiro, que entregaremos aos servizos socias de Boqueixón e Vedra.
Nesta ocasión tamén colabora con nós, a "A.C. Mestre Manuel Gacio", de Lestedo.
Graciñas mil a todos e todas!!

EXPOSICIÓN SOLIDARIA NA FUNDANCIÓN NEIRA VILAS

Chegou Novembro, un mes moi especial, xa que o dedicamos ao escritor que o noso centro leva o seu nome. Nesta ocasión, para conmemoralo, dende o equipo de Normalización Lingüística propuxeron unha actividade ben bonita e solidaria. Puxémonos a ler poesía e cada escola ilustrou en lenzos 2 poemas de "Cantarolas", "Quique na aldea" e "Cantos de sol a sol". Este martes, membros de este equipo, foron ata a Fundación Neira Vilas a preparar a exposición que teredes á vosa disposición este sábado 25, de 15:30 a 19 horas. Como veredes na invitación, a entrada é de balde, pero a modo de entrada solidaria animámosvos a que traiades algún producto non perecedeiro que logo repartiremos cos servizos sociais de Vedra e Boqueixón. A esposición poderase visitar este sábado e de luns 27 a xoves 30, no horario que aparece nesta publicación.

VISITA FORMATIVA

O pasado 2 de novembro contamos cunha visita moi especial no CRA.

Sandra Mussungo e Nunes Chionga, profesores de Angola do Instituto Superior de Ciencias da Educación de Luanda visitaron dúas das nosas escolas: Sergude e San Fins, pois están a facer unha estadía Erasmus na Universidade de Santiago de Compostela.

Sandra está a facer un doutoramento sobre as prácticas docentes en formación no rural e por iso desde a Facultade de Ciencias da Educación, a través de Zósimo López Pena, docente de Didáctica da Lingua e da Literatura, decidiron mostrarlle as bondades dos CRAs de Galicia polo que nos visitaron como referente de Calidade de traballo no rural.

Foi todo un placer poder contarlles e amosarlles a nosa metodoloxía e forma de traballar. Quedaron moi contentos e encantados co noso traballo...ata nos invitaron a ir a Angola!!!

CELEBRANDO O SAMAÍN!!

          

 

  Esta semana celebramos o Samaín en todas as escolas do CRA. O Samaín é un festexo de orixe celta co que culmina a tempada das colleitas. Desde as escolas preparamos diferentes actividades:

  • Decoramos as aulas con arañas, bruxas, pantasmas, cabazas...
  • Fixemos merendas terroríficas: tumbas, pantasmas, vasoiras, riquísimas pizzas con formas monstruosas e moitas cousas máis.
  • Lemos contos con temáticas de medo.
  • Preparamos actividades para os diferentes ambientes.
  • Expuxemos as cabazas e vasoiras decoradas na casa.
  • Xogamos coa luz negra creando ambientes terroríficos.

O martes 31 viñemos tod@s disfrazad@s gozando así desta gran festa.

PASABODEGUIÑAS´23

         

Un ano máis, puidemos xuntarnos en San Miguel de Sarandón para celebrar o xa tradicional Pasabodeghiñas. O tempo non nos deixou desfrutar da esencia desta saída, nada máis e nada menos que percorrer os carreiros da aldea de Ximonde e mesmo entrar nas eiras dos veciñ@s, como a do Cabaleiro e a de González, que tan ben nos reciben sempre.

Nesta ocasión foi a Casa da Cultura de Sarandón a que acolleu aos nenos e nenas do CRA e ao alumnado de 2º de Primaria do CPI de Vedra, que se uniron a nós para coñecer un pouco máis de cerca esta nosa tradición e gozar, en primeiro lugar, do contacontos co que nos agasallou o Concello de Vedra da man de Raquel Queizás e que leva por título "Conto me río"..., e tanto que rimos!.

De seguido, foron os xogos populares que a Asociación Cultural San Campio e o Concello de Vedra nos deixaron, os encargados de facernos pasar un rato máis que divertido cos nosos amigos e amigas do CPI de Vedra.

A continuación, a merenda e as castañas foron as protagonistas. Este ano, o profe Antonio, por mor da climatoloxía non puido asalas, e como ben sabemos, Sarandón é unha parroquia na escola e sempre disposta a botar unha man. Nesta ocasión, Chus asounos as castañas na súa panadería, en Sarandón e podémosvos asegurar que estaban deliciosas.

Xa para rematar, fixemos unha representación da queima dos nosos medos con conxuro incluído.

Antes de marchar, alí deixamos as nosas siluetas para decorar o espazo infantil do Pasabodeghas. A nosa idea era estar dalgún xeito presentes nunha festa tan grande e como a temática desta edición era a tradición oral,  acompañamos as siluetas con refráns, cantigas e trabalingüas.

Finalmente, tocou subir aos buses, que tamén nos fai moita ilusión, e marchar para as nosas escolas coa esperanza de que o vindeiro pasabodeghiñas sexa polos camiños da parroquia de San Miguel de Sarandón.

Viva o Pasabodeghiñas!!! Viva o Pasabodeghas!!!....e o millo sen apañar!!!!.

No seguinte vídeo poderedes ver un resumo do que dou de si esta xornada.

Información

Presentámosvos o calendario para este novo curso 2023/24

Premer na imaxe para ampliar 

REUNIÓN INICIO CURSO 2023/24

Este curso, démoslle outra volta a esta reunión de inicio de curso e para non facervos vir a unha reunión xeral na Sede do CRA en Lestedo e despois a outra co titor/a en cada escola, decidimos facela directamente nas escolas para evitarvos un desprazamento. Deste xeito faremos unha presentación xeral do centro seguido da reunión específica co titor/a da vosa escola.

As datas destas reunións serán as seguintes:

MARTES 12 SETEMBRO 2023

16:00 h  CAMPORRAPADO                                                                                           17:00 h  S.XIAN                                                                                                           17:30 h  LESTEDO                                                                                                       18:00 h  SARANDÓN

MARTES 19 SETEMBRO 2023

16:30 h SERGUDE                                                                                                      17:15 h S.FINS   

PERÍODO DE ADAPTACIÓN CURSO 2023/24

Para que vos vaiades organizando, aquí vos deixamos o período de adaptación para o alumnado de tres anos que se incorporan este curso. O resto do alumnado comezará o día 11 de setembro a xornada completa, en horario de 9 a 14 h.

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Segundo a Orde de 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024    

 

Do 11 ao 13 de setembro

(luns, martes e mércores)

 

De 11h a 13h

 

O 14 e 15 de setembro

(xoves e venres)

 

De 11h a 13.30h

 

A partir do 18  de setembro

 

De 9h a 14h

 

Información curso 2023/24

Poñemos á vosa disposición as listaxes do material das escolas do noso CRA. Atoparedes a información dos diferentes materiais premendo nos arquivos adxuntos da parte baixa desta publicación. Podedes poñervos en contacto coa AMPA antes de mercarlos.

información curso 2023/24

O período de matrícula para o alumnado de nova incorporación vai do 20 ao 30 de xuño, ámbolos dous inclusive

Co fin de facilitar o proceso, podedes chamar ao número de dirección: 616440471 e resolverei todas as dúbidas que teñades.

Nos arquivos adxuntos atoparedes un documento no que se vos explica toda a documentación que tedes que traer. Por outra parte, tamén adxuntamos o Anexo que deberán cumplimentar para facer efectiva a matrícula, a autorización para cando se fan as saídas pola contorna da escola e o cuestionario de lingua materna, que se refire á lingua que fala habitualmente o neno/a.

Ademáis, informamos a todas as familias que como o 20 de xuño estamos de excursión todo o día e o mércores 21 todos/as os especialistas estaremos percorrendo as escolas par despedirnos do alumnado, empezaremos a recoller as matrículas o xoves 22 na Sede do CRA en Lestedo.

Un saúdo e graciñas!!

A CLASE DE E.F NUN CLIC

A mestra de E.F Olalla fixo unha recopilación de fotos do seu traballo polas escolas para que vexades o moito que traballaron, o moito que aprenderon e o moito que disfrutaron desta especialidade.

Tedes que entrar en arquivos adxuntos desta publicación e facer clic en cada un dos enlaces subliñados: Quecemento, Reciclaxe, Sentidos..... e accederedes a cada unha das carpetas que conteñen as fotos.

Un saúdo

LUPIÑA E O SEU BOSQUE MÁXICO

O Concello de Boqueixón invitounos este venres á presentación do conto iinfantil: "Lupiña e o seu bosque máxico".

O alcalde presentounos a Raquel Sánchez, a autora do conto e veciña de Lestedo que nos contou de viva voz un pequeno resumo da súa creación. A continuación disfrutamos moitísimo coa representación do conto. Fixéronnos imaxinar, rir, bailar....e ao final unha sorpresa fantástica:  Agasalláronnos cun exemplar a cada neno e nena e outro para cada escola...eso sí, tooooodos eles cunha dedicatoria de Raquel Sánchez.

Aproveitamos esta saída para merendar todas as escolas xuntas no patio da escola de Camporrapado e ademáis de xogar escoitamos da man do mestre Antonio, a historia do Rukutrú...O NOSO RUKUTRÚ, moi ligado á historia que viñamos de escoitar.

Unha saída por todo o alto!!!!

 Pinchade na foto e veredes un pequeno resumo desta fantástica e aproveitada saída!!!!

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 23-24

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024.

 

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo para presentar as solicitudes é dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 ambos inclusive.

 So pode solicitar esta axuda o alumnado que vaia cursar algún dos cursos de Educación Primaria no curso 23/24

alumnado que vaia a cursar 3º de Primaria no vindeiro curso escolar ten que solicitar esta axuda no centro onde teña adxudicada praza.

No noso caso:

- Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B - anexos I e II) accesible desde a aplicación Fondolibros:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

ou na sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023&numpub=1&lang=es

 

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Terase en conta o seguinte:

  • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24.

 

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

    b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

    En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

    Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

    1º. Certificado ou volante de convivencia.

    2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

    Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

    c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

    d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

    e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

    f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

    g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

    h) Outra documentación.

Forma de presentación da documentación:

  • Electrónica: utilizando a aplicación Fondolibros ou presentando solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla) NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación Fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo

 

A partires do mércores 24 de maio poderán recollerse os impresos necesarios para a solicitude en cada unha das escolas.

 

 

BECAS NEAE 2023-2024.

BECAS NEAE 2023-2024.

Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos/as con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

 

MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL 12318 Extracto da Resolución do 20 de abril de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024  (Adxunto).

- Enlace á páxina do Ministerio:

- Acceso ao servizo en liña

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

ESTRENANDO PATIO NAS ESCOLAS DE CAMPORRAPADO E LESTEDO

Gracias ao Concello de Boqueixón o noso alumnado das escolas de Camporrapado e Lestedo están a desfrutar dunhas instalacións novas nos patios das escolas.

Non podemos máis que darlle as gracias ao Concello por seguir a confiar en nós e axudarnos a manter viva a esencia do CRA e as nosas escolas.

EDUCAR EN FAMILIA: CLAVES PARA UNHA BOA COMUNICACIÓN

Desde o Departamento de Cultura do Concello de Boqueixón, convídannos a esta interesante xornada.

Non o dubidedes e apuntádevos.

       

Xornada de convivencia entre todas as escolas

Que mellor maneira de rematar o trimestre que disfrutar dunha xornada de convivencia ente todas as escolas do CRA.
Para iso, alá fomos en autobús ata Camporrapado. Ao chegar recibíronnos os anfitrións e as mestras explicáronnos en que consistiría a xornada. Logo repartímonos por equipos, por idades e entre diferentes escolas. Deste xeito, fomos rotando polos distintos obradoiros que estaban preparados que consitían en:
-creación de trabalinguas, mesturando animais, adxectivos e verbos que coemzaban polas mesmas letras
-achegamento ápoesía, con versos de escritores/as galegos/as, en depresores de cores segundo as súas rimas
-elaboración de macetas con material de refugallo e plantación de distintas sementes
- gyncanas con distintas probas,a  modo de xogo da oca
- arte e estilo Hervé Tullet e o "Campo de flores"
 Quedounos moito material elaborado en conxunto, ao que lle daremos nova vida nos eguinte triemstre denmde as escolas o cal vos iremos ensinando!!
Paea rematar tivemos a merendola, moito xogo e diversión. estar xuntos sempre é xenial!!
 De seguido, premendo na seguinte imaxe poderedes ver un vídeo resumo do que dou de si esta xornada.

VACANTES E PRAZAS SOLICITADAS

Estimadas familias!! No seguinte arquivo podedes ver o número de prazas solicitadas neste centro para o vindeiro curso 2023-2024. Dado que o número de solicitudes non supera en ningunha escola a oferta inicial, informámosvos que TODO O ALUMANDO QUE SOLICITOU PRAZA ESTÁ ADMITIDO. A matrícula poderedes facela efectiva do 20 ao 30 de xuño. Para isto, xa vos pasaremos a información no seu momento. Graciñas a todas as familias que confiades na escola rural en xeral e no noso centro en particular!!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

VACANTES OFERTADAS POR ESCOLAS

INFORMACIÓN IMPORTANTE E PRAZOS A TER EN CONTA

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS TEDES OS ANEXOS A CUBRIR E TODAS ESTAS INFORMACIÓNS. ANTE CALQUERA DÚBIDA CHAMADE AO TELÉFONO 616440471

CRITERIO COMPLEMENTARIO NO BAREMO (1 PUNTO)

En Consello Escolar tido o 24 de xaneiro escolleuse coma en anos anteriores que o criterio que outorga o centro en caso de baremo(un punto a maiores) é TER IRMÁNS NO CENTRO

RESERVAS EN CENTRO ADSCRITO

Informamos ás familias que rematan a súa etapa no noso CRA e presentaron reserva de praza nos CPIS aos que estamos adscritos: CPI Antonio Orza Couto e CPI de Vedra, ESTÁN TODOS ADMITIDOS

Unha semana de Entroido

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que dou de sí a semana de entroido que vivimos intensamente nas nosas escolas: disfraces, caretas, mandados do burro, ata os Xenerais da Ulla estiveron presentes. Un ano máis, graciñas as familias por participar e colaborar neste Entroido!!

Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo de esta intensa semana:

 

Festival de Entroido

Despois de 3 anos, por fin puidemos celebrar o festival de Entroido como nos gusta, coas familias e facendo moita festa. Para iso, alá volvemos ao Centro Sociocultural de Vedra para homenaxear as Bellas artes. Deste xeito, varias escolas escolleron pintores, outras o cine, a música e ata dous bustos, que costou coñecer, representaron a arquitectura.

Os primeiros encargados de ensinar o seu traballo, foi a escola de Camporrapado, que coa axuda das familias, ensináronnos os pasos para a creación dunha película.

Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver a súa posta en escena. A Continuación tamén vos amosamos unhas fotografías do momento.

Deseguido chegou a hora de Savador Dalí, con toda a familia da escola de Sergude. Ao igual que na escola anterior, podedes premer na primeira imaxe para ver a posta en escena e logo tamén vos deixamos unhas fotos.

 

 

 

Outra das escolas que este entroido traballou a pintura foi Lestedo, nesta ocasión aprenderon as diferentes técnicas de Picasso, iso si, todo o seu disfraz fixérono con material reutilizable, velando así pola importancia do medio ambiente. Non vos perdades a súa posta en escena premendo na primeira imaxe.

 

 

Coa escola de S Xián, descubrimos a vistosidade do pintor: Keith Haring. Desfruta da súa obra coa posta en escena desta escola, premedo na primeira imaxe.

 

E xa para rematar a quenda dos pintores, presentamos á escola de S. Fins, co gran traballo que fixeron para coñecer un pouco máis a Joan Miró. Preme na primeira imaxe e verás que guapos estaban.

 

 

 

Non podía rematar o noso desfile sen música, e a escola encargada foi a de Sarandón, que neste entroido dedicado ás Belas Artes, quixo rendirlle homenaxe á música e neste caso, á nosa música tradicional con unha canción propia da parroquia de Sarandón, do grupo, a Requinta da Laxeira titulada o Chuletón. Premede a primeira imaxe e subide o volume para poder bailar e cantar.

 

Antes de pasar á merendola organizada pola nosa querida ANPA, bailamos con un obradoiro de música da man de Merlo Branco, centrada no entroido e que levaba por título Entroidanzas, que como ben di a palabra, ensináronnos e bailamos diferentes danzas dos entroidos de Galicia e de outros lugares do mundo, como Colombia ou Brasil. Velaíquí unha pequena mostra.

E así foi como demos paso á merenda, coa esperanza que disfrutárades tanto coma nós e que pronto nos poidamos xuntar para seguir facendo festa e comunidade, que é o que máis nos gusta.

Viva a familia do CRA!! VIVAAA

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Comeza o período de admisión e apra iso, convidámosvos a coñecer as nosas escolas. Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver un vídeo resumo de como traballamos e os medios cos que contamos. Na descrición do vídeo podes premer no enlace de cada escola ainda que cada unha presenta de xeito diferente o que en conxunto se traballa día a día. Convidámosvos a vir ás nosas escolas, o 28 de febreiro, en horario de tarde, de 4 a 6. AGARDÁMOSVOS!!!

RESERVA DE PRAZA PARA 1º ou 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA NO CENTRO ADSCRITO

Reserva de praza para o alumnado que pasa para 1º ou 3º de educación primaria no centro adscrito

ESCOLAS de CAMPORRAPADO E SERGUDE: CPI PLURILINGÜE ANTONIO ORZA COUTO

ESCOLAS de LESTEDO, SAN XIÁN, SAN FINS E SARANDÓN: CPI PLURILINGÜE DE VEDRA

De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

  • O prazo de solicitudes de reserva de praza  nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA 1ºOU 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de forma manual en papel  ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital ou CHAVE 365, sendo esta a canle preferible de presentación.

Aquí tedes todos os modos de poder facelo:

1.Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica

RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

 

2.Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de XEITO MANUAL no centro:

RUTA A SEGUIR NA APLICACIÓN:  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/:

 Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

     3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala        asinada presencialmente no centro.

     Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode           facelo de xeito manual descargando dende os                   seguintes  enlaces os documentos, cubrilos e                   presentalos asinados no centro.

De entregarse en papelentregaráselle na escola á titoraou na sede do CRA (con cita previa 616440471) os mércores de 9 a 14H

SOLICITUDE: Galego

SOLICITUD: Castellano

 

A solicitude de reserva, deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a menor de idade non emancipado. DEBERÁ CONSTAR O CONSENTIMENTO EXPRESO DA OUTRA PERSOA PROXENITORA, TITORA OU ACOLLEDORA NO ANEXO DE COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR E CONSENTIMENTO (anexos I-bis, II-bis e III-bis).

 

INFORMACIÓN PARA CUBRIR A SOLICITUDE NA APLICACIÓN

CENTRO ACTUAL CRA BOQUEIXÓN-VEDRA "NEIRA VILAS"

CÓDIGO DE CENTRO 15032571

CENTRO DE ADSCRICIÓN CPI PLURILINGÜE ANTONIO ORZA COUTO

CÓDIGO DE CENTRO 15001665

CENTRO DE ADSCRICIÓN CPI PLURILINGÜE DE VEDRA

CÓDIGO DE CENTRO 15020911

Normativa de aplicación

Poderán consultar na aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado  a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A listaxe definitiva do alumnado con posto reservado publicarase o día 22 de febreIro.

 

As familias que non realicen á reserva de praza aos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2023.

A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.

EDUCAR EN FAMILIA: ESTUDAR CON SENTIDO

Convidámosvos a asistir a esta charla gratuíta que terá lugar no CPI Antonio Orza Couto o xoves 15 de decembro ás 18:30h 

Cantando de sol a sol con Xosé Neira Vilas

Este pasado venres tivemos unha saída moi especial xa que visitamos a casa do noso amigo Xosé Neira Vilas. Ese amigo que nos visitou e convidou á súa casa e polo que o noso centro leva  tamén o seu nome. Nesta ocasión dedicamos o mes de novembro a preparar esta pequena homenaxe a Xosé Neira Vilas, xa que en novembro foi o mes no que naceu e morreu. Para iso escenificamos algunhas pezas do poemario infantil que leva por título "Cantos de sol a sol". Cada escola preparou coa mestra de música e as titorías, unha bonita posta en escena que trasladamos á Fundación Neira Vilas. O día elexido foi este venres 2 de decembro. Chegamos en bus, o que xa de por si é moi emocionante. Ao chegar recibiunos Chus, sempre tan hospitalaria e agradecida con todo o que lle presentamos. Convidounos a pasar ao salón de actos no que nos sentamos para comezar coa posta en escena, despois de lembrar porque estábamos en Gres.

Xa todos e todas co sitio collido, foron pasando as escolas coa súa pequena pero emotiva actuación. Premendo na seguinte imaxe poderedes gozar da primeira actuación que correu a cargo da escola de Sergude e que leva por título "Magosto":

En segundo lugar foi a a escola de S Xián, que nos sorprendeu coa súa orixinalidade na posta en escena de "Maio". Preme na seguinte imaxe e poderás descubrila:

De seguido foi a escola de Camporrapado, levando folerpas ata Gres nunha mañán ben fría na que o agarimo a Neira Vilas quedou moi latente. Na seguinte imaxe descubrirás a estos artistas representando "A Neve":

Na seguinte imaxe gozaredes da actuación da escolas de S Fins con unha preciosa representación de "Canta a galiña" na que  nos contaxiaron a todos co seu retrouso.

Chegando ao final, a escola de Sarandón fíxonos bailar a todos con instrumentos e todo coa canción "O meu canciño". Descubriralo premendo na seguinte imaxe:

 E a escola encargada de poñerlle a guinda ao pastel foi Lestedo, que aínda que escollemos o día porque non chovía, quixéronnos traela para regarnos con moita ledicia. Podedes gozar de "Chuvia" con estos grandes artistas premendo na seguinte imaxe:

 Unha vez rematadas as diferentes actuacións, quixemos deixar na Fundación un agasallo a modo de agradecemento. Por unha parte, fixémoslle entrega a Chus dunha pranta, como símbolo de vida. De seguido, adornamos as prantas e árbores que están na eira, con follas decoradas por nós mesmos para a ocasión, con debuxos e poemas. Do mesmo xeito e como sempre, tan xenerosos, dende a Fundación tamén nos agasallaron con un lote de libros para cada escola e un libro dos bolechas para cada neno e nena, no que Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, son os protagonistas.

Antes de baixar ao cemiterio a facer a ofrenda floral, merendamos e puidemos visitar a biblioteca e o museo, no que quedamos abraiados co que alí descubrimos.

 

A piques de volver para as escolas e finalizar a nosa pequena homenaxe, levámoslle ao cemiterio un ramo de flores en nome de toda a comunidade educativa do CRA e despedímonos de Chus, moi agradecidos e con gañas de volver a visitar a casa do que foi o noso amigo e amigo de tantos nenos, que xunto con Anisia, tiveron tan presentes aos máis cativos nos seus escritos e que hoxe en día podemos gozar nas nosas escolas, bibliotecas librarías e casas. Sempre agradecidos e honrados de levar o seu nome no noso centro.

 

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión