EDLG
HOMENAXEANDO A NEIRA VILAS
Un ano máis, en Novembro, quixemos homenaxear ao noso querido Neira Vilas, un amigo que nos visitou nas nosas escolas e a quen visitamos nós tamén.
Este mes sempre é especial, xa que foi cando naceu e tamén no mes que nos despedimos de el. Por iso, sempre facemos algo moi especial para telo presente.
Nesta ocasión decidimos traballar varias das súas poesías e tamén as da súa dona, Anisia Miranda. A continuación, pareceunos ben ilustralas e plasmar a nosa imaxinación en lenzos, para logo facer unha exposición con todos eles e que os puidérades gozar.
Cada escola escolleu a técnica a empregar e como as nosas familias sempre colaboran en canta cousa nos propoñemos, ata houbo mamás artistas que nos axudaron nesta iniciativa.
Como a nosa cabeza non para, quixemos que cos nosos traballos, puidéramos axudar a alguén e deste xeito, puxémonos en contacto cos servizos sociais dos nosos Concellos. Falando coas traballadoras sociais, estiveron de acordo en que lle entregásemos productos non perecedeiros, para poder axudar a algunha familia dos nosos concellos.
Deste xeito durante 2 fins de semana a exposición puido visitarse, primeiro en Gres e logo Lestedo. Cadaquén trouxo o que considerou e o recaudado levámosllo a Boqueixón e Vedra para que llo fixeran chegar a quen consideraran.
Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver o proceso desta iniciativa. Pola nosa parte, non podemos estar máis orgullosas, orgullosos e agradecidos/as polo resultado final.
Unha vez máis, grazas familias pola vosa colaboración!!
EXPOSICIÓN SOLIDARIA EN LESTEDO
EXPOSICIÓN SOLIDARIA NA FUNDANCIÓN NEIRA VILAS
Chegou Novembro, un mes moi especial, xa que o dedicamos ao escritor que o noso centro leva o seu nome. Nesta ocasión, para conmemoralo, dende o equipo de Normalización Lingüística propuxeron unha actividade ben bonita e solidaria. Puxémonos a ler poesía e cada escola ilustrou en lenzos 2 poemas de "Cantarolas", "Quique na aldea" e "Cantos de sol a sol". Este martes, membros de este equipo, foron ata a Fundación Neira Vilas a preparar a exposición que teredes á vosa disposición este sábado 25, de 15:30 a 19 horas. Como veredes na invitación, a entrada é de balde, pero a modo de entrada solidaria animámosvos a que traiades algún producto non perecedeiro que logo repartiremos cos servizos sociais de Vedra e Boqueixón. A esposición poderase visitar este sábado e de luns 27 a xoves 30, no horario que aparece nesta publicación.
Homenaxe a Neira Vilas
Hoxe os nenos/as de primaria do CRA foron ata Gres para participar nun acto na memoria do noso benquerido Dn. Xosé Neira Vilas polo cabodano do seu pasamento.
Chegamos alí nunha fría pero increible mañán que semellaba escollida para nós. Non estabamos sós. Acompañábanos o gran músico Roi Casal que nos agasallou cun concerto de arpa para nós sós.
Despois de ensaiar un pouco chegaron as autoridades e comezou a nosa actuacción: recitamos dous poemas e cantamos a canción da Xoaniña andeira.
Un gran día que rematou cun batido na de Rafael en Ponteledesma, o agasallo do libro inédito de Neira Vilas " Quique na aldea" e un cento de cousas que contar.
Visita a Fundación Neira Vilas
Enviado por admin o Xov, 02/06/2016 - 22:54
Create your own photo slideshow |