Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Común

Imaxe de Jesus

Magosto 2014

Este venres 7 de novembro, celebramos o magosto nas instalacións de Sísamo, e grazas a carpa que nos facilitou a asociación de veciños de Sísamo, foi un xornada festiva a pesares da auga.

Os nenos e nenas xogaron, bailaron e pasárono xenial nunha xornada de convivencia excepcional.

Imaxe de Jesus

Fin de curso. Día do deporte

Hoxe como remate de curso celebramos o día do deporte con multiples deportes para todas as idades.

Tódolos nenos e nenas participaron con gran ilusión.

Tanto esforzo merecía unha gran recompensa a cal veu da man da merenda, onde disfrutamos de sandias e mazas, as cales estaban fresquísimas e  boíiiisimas.

Por último fixemos entrega dos premios de "Contos en familia", e despedímonos desexándolles o mellor aos alumnos e alumnas que se van do noso CRA.

Moi boas vacacións a todos e todas.

Imaxe de Jesus

Excursión Fin de Curso

Este luns 16 de xuño fumos de excursión de final de curos ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, onde o seu director Ricardo Pérez y Verdes e os seus monitores axudantes nos amosaron o museo e disfrutamos xogando como xogaban os abós e as aboas.

Foi unha visita moi ilustrativa e sobre todo práctica, na que disfrutamos con xogos e vimos xoguetes que non precisaban nin pilas , nin electricidade, se non unha mistura de ilusión, e relación social.

Con posterioridade fumos á escola unitaria de Gontade, onde gustosamente nos prestaron as súas instalacións para facer unha comida campestre.

E para rematar o día, fumos visitar a fervenza de Sampaio, onde disfrutamos dunha maravillosa andaina a carón do rio e ao fresco das árbores.

 

 

 

Imaxe de Pili

Botarémosvos de menos... seguide así de Felices!!!

Despois de veros con caras ledas, de asombro, sorpresa, entusiasmadas, divertidas... sabemos que os botaremos de menos. Pero seguro que ides a ser igual ou máis felices.... Non nos olvidedes...

Imaxe de Pili

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2014

 AQUI TEDES OS VIDEOS DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS  2014 EN BERDILLO

Distribuir contido


by Dr. Radut