Axudas programa Galeuropa para mozos e mozas
A Consellería de Traballo e Benestar ten aberto o prazo para obter axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.
Inscrición nas probas de clasificación 2013-2014
O período de inscrición nas probas de clasificación (probas de diagnóstico de nivel de acceso) será do 15 ao 30 de maio, ambos inclusive, segundo o establecido no artigo 23 da Orde do 5 de agosto de 2011. Consulte aquí mais información sobre este modo de acceso e sobre o procedemento para inscribirse.
Calendario de exames maio-xuño 2013
Xa pode consultar o calendario de exames de todos os idiomas para maio/xuño 2013. As convocatoiras das probas de expresión oral publicaranse nos vindeiros días. Antes de consultar o calendario, prégase ler as instrucións no PDF que figura na parte superior do mesmo.
Joan Brossa: a tribute exhibition in Sar
Visit this interactive multimedia album and engage in a thought-provoking discussion of artworks created by art students from the IES de Sar.
Uxía, a voz do Atlántico
ATENCIÓN AO CAMBIO DE DATA: MARTES 21 DE MAIO ÁS 20.00 H.
Concerto de Uxía Senlle con Sergio Tannus e Paulo Silva.Uxía concibe escribindo palabras e músicas que saen do máis profundo e íntimo do ser, da alma. É unha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal.MARTES 21 de maio ás 20:00 no Salón de actos da EOI.
Organiza o EDLG
Clases canceladas
Mantéñase informado a través desta sección das clases que non serán impartidas.
Pode consultar os grupos de cada profesor/a no apartado PROFESORADO do idioma correspondente.