Programas europeos

Blog de difusión do programa Erasmus +

A EOI de Santiago de Compostela conta co blog Erasmus + na EOI de Santiago de Compostela como medio de difusión do seu Plan de desenvolvemento europeo e aproveitamento das axudas recibidas dentro da Acción clave 1 de mobilidade de profesorado de persoas adultas.

Neste blog iremos dando conta das novas que se produzan no desenvolvemento do noso proxecto, así como das mobilidades que se vaian realizando. Fai clic na imaxe para seguirnos! ↓↓↓

Blog de difusión do programa Erasmus+ no centro

Profesoras da EOI de Santiago viaxarán a países europeos para avanzar na innovación e na inclusión no marco do programa Erasmus +

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela conta cunha Acreditación Erasmus + ata o ano 2027 que financia mobilidades do profesorado e do alumnado a países europeos para avanzar na innovación educativa, na dixitalización, na inclusión de todo o alumnado e na internacionalización do centro. No curso das vindeiras semanas e en diversas datas, catro profesoras farán actividades formativas en diferentes países europeos.

26 de setembro, Día Europeo das Linguas

 

 

Ven celebrar connosco a diversidade linguística no Día Europeo das Linguas

Participa e leva un premio!

26 de setembro, ás 19:30 na Sala de Actos

Acreditación Erasmus

Velaquí o noso certificado de Acreditación Erasmus no ámbito da Educación de Persoas Adultas para o período 2021-27.

"Facendo realidade a escola do futuro: innovación, inclusión e calidade", o noso último proxecto de mobilidade Erasmus+

A EOI de Santiago de Compostela ven de acadar unha axuda de 29.748€ para o seu novo proxecto Erasmus+ 2018-2020.

O importe axudicado para realizar o noso Plan de Desenvolvemento Europeo (PDE) para a mobilidade do persoal docente corresponde a 17 mobilidades repartidas entre 11 cursos estruturados.

26 de setembro: Día Europeo das Linguas

Ven saborear as linguas de Europa!

O día 26 de setembro, como todos os anos, celébrase o Día Europeo das Linguas. Na EOI celebrarémolo con sesións degustación de linguas na central de Vite (bretón, francés, sueco) e Ordes (alemán).

Estas sesións fan parte da programación conxunta que a nosa escola deseñou xunto co Centro de Documentación e Estudos Europeos da USC (CEDE) e o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM).

Segue a ler e consulta toda a programación.

Estadia do profesor Geert De Troyer (Campus de Helix, Flandres)

O profesor GEERT DE TROYER participa nun proxecto Erasmus + que consiste nunha estadía de observación na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de  Compostela, do 4 ao 8 de abril do 2016. O obxetivo da estadía é coñecer prácticas innovadoras no ensino de linguas estranxeiras, así como achegarse á realidade social, cultural e lingüística de Galicia, que visita por primeira vez. Geert de Troyer é profesor de lingua francesa no ensino secundario e profesor de lingua española para adultos no centro Campus de Helix na provincia flamenca de Limburgo.

A EOI de Santiago acolle dúas estudantes italianas dentro do Programa Leonardo

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago acolle durante as dúas últimas semanas de setembro a dúas alumnas do IIS Pietro Scalcerle de Padua (Italia) dentro da acción Leonardo do Programa de Aprendizaxe Permanente. Martina e Adelaide farán prácticas laborais prestando apoio nas labores de conserxería, secretaría e biblioteca no centro.

Distribuir contido