A EOI de Santiago de Compostela ven de acadar unha axuda de 29.748€ para o seu novo proxecto Erasmus+ 2018-2020.
O importe axudicado para realizar o noso Plan de Desenvolvemento Europeo (PDE) para a mobilidade do persoal docente corresponde a 17 mobilidades repartidas entre 11 cursos estruturados.
O proxecto, titulado "Haciendo realidad la escuela del futuro: innovación, inclusión y calidad", enmárcase dentro da acción KA104 de mobilidade para a formación do profesorado de adultos, e desenvolverase ao longo dos vindeiros dous anos. Podedes consultar todos os detalles nesta infografía: